Manuel Vázquez Montalbán
Manuel Vázquez Montalbán, nado en Barcelona o 27 de xullo de 1939 e finado en Bangkok (Tailandia) o 18 de outubro de 2003, foi un xornalista, novelista, poeta, ensaísta, crítico e gastrónomo catalán. Escribiu tanto en lingua catalá como castelá.
Manuel Vázquez Montalbán![]() | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 14 de xuño de 1939 e 27 de xullo de 1939 |
Lugar de nacemento | Barcelona |
Falecemento | 18 de outubro de 2003 |
Lugar de falecemento | Bangkok |
Soterrado | Cementiri de Collserola |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Barcelona |
Ocupación | escritor, xornalista, político, gastrónomo, poeta, ensaísta, crítico literario, xornalista de opinión e profesor universitario |
Cónxuxe | Anna Sallés Bonastre |
Fillos | Daniel Vázquez Sallés |
Premios | Creu de Sant Jordi, Premio Planeta, Martin Beck Award, Doutor honoris causa pola Universidade Autónoma de Barcelona, Grand Prix de Littérature Policière, German Crime Fiction Award, Premio Nacional das Letras Españolas e Premio Nacional de Narrativa |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria Editar
Fillo ilexítimo do exilado Evaristo Vázquez Tourón[1], natural de Souto[2] (Muro, Láncara)[3] e mais de Rosa Montalbán Pérez, nada en Barcelona. Seu pai fora militante do PSOE inicialmente, e logo do PSUC[4]. Detido trala guerra, foi xulgado no verán de 1939 e condenado a prisión pola súa participación política. Pai e fillo non se coñeceron ata o ano 1944[4].
Vázquez Montalbán estudou Filosofía e Letras e Xornalismo na Universidade Autónoma de Barcelona, onde tamén foi profesor. Era un catalán convencido e especialmente coñecido polas súas conviccións políticas; foi membro do Partido Socialista Unificado de Cataluña e de Iniciativa per Catalunya. Antes foi membro do Frente de Liberación Nacional, foi condenado a tres anos de cadea, cumprindo un e medio, polas súas actividades antifranquistas. Escribiu o primeiro ensaio cando estaba na cadea.[5]
Ao saír do cárcere Montalbán inició a súa carreira xornalística na revista Triunfo e, co tempo, compaxinouna coa súa carreira literaria. Colaborou con Siglo XX, Tele/Xprés e Por favor, para máis tarde traballar en El País, Avui e Interviú.
Quizais a súa obra máis coñecida sexa a serie Carvalho, protagonizada polo detective galego Pepe Carvalho, que se converteu nun dos heroes máis importantes do xénero da novela policíaca. As novelas protagonizadas por este detective converteron a Manuel Vázquez Montalbán nun dos autores máis lidos en España e con maior difusión internacional.
A súa morte Editar
Na viaxe de regreso de Sydney a Barcelona, despois de dar varias conferencias en Australia, detívose no aeroporto de Bangkok onde comezou a sentirse mal e foi tratado na clínica de saúde do mesmo aeroporto. Non obstante, morreu aos poucos minutos dunha parada cardíaca. A Vázquez Montalbán operárano do corazón nove anos antes en Barcelona, onde o someteran a catro bypass. Segundo fontes diplomáticas, a morte produciuse pouco despois da media noite do día 18, hora local (ás seis da tarde do día 17 en Barcelona).[6]
Obra Editar
Poesía Editar
Iniciouse como poeta en 1967. Foi un dos nove novísimos da antoloxía de Castellet. A súa produción caracterízase polo ludismo, a ironía e unha importante carga testemuñal e crítica. A súa obra poética ata 1986 está recollida en "Memoria y deseo".
Formou parte do consello editorial da colección de poesía Leliadoura, de Sotelo Blanco Edicións.
- Una educación sentimental (1967). El Bardo.
- Movimientos sin éxito (1969). El Bardo.
- Coplas a la muerte de mi tía Daniela (1973). El Bardo.
- A la sombra de las muchachas sin flor (1973). El Bardo.
- Praga (1982). Lumen.
- Memoria y deseo. Poesía 1967-1983 (1983). Seix Barral.
- Pero el viajero que huye (1967). Visor.
- Memoria y deseo. Obra poética 1967-1990 (1990). Grijalbo.
- Ciudad (1997). Visor.
- Ars amandi (2001). Bartleby Editores, antoloxía
- Rosebud, inédito incluído en Memoria y deseo (2008).
- Construcción y deconstrucción de una teoría de la almendra de Proust complementaria de la construcción y deconstrucción de una teoría de la magdalena de Benet Rossell (2008). Case inédito incluído en Memoria y deseo.
- Memoria y deseo. Poesía completa 1967-2003 (2008). Península.
Novela Editar
Os mesmos riscos da súa poesía aparecen na novelística de Vázquez Montalbán.
Serie Pepe Carvalho Editar
- Yo maté a Kenedy, Impresiones, observaciones y memorias de un guardaespaldas (1972). Planeta.
- Tatuaje (1975). Batlló.
- La soledad del manager (1977). Planeta.
- Los Mares del Sur (1979). Planeta.
- Asesinato en el Comité Central (1981). Planeta.
- Los pájaros de Bangkok (1983). Planeta.
- La rosa de Alejandría (1984). Planeta.
- El balneario (1986). Planeta.
- Asesinato en Prado del Rey (en Asesinato en Prado del Rey y otras historias sórdidas) (1987). Planeta.
- El delantero centro fue asesinado al atardecer (1989). Planeta.
- El laberinto griego (1991). Planeta.
- Sabotaje olímpico (1993). Planeta.
- El hermano pequeño (1994). Planeta.
- Roldán, ni vivo ni muerto (1994). Planeta.
- El Premio (1996). Planeta.
- La muchacha que pudo ser Emmanuelle, El País, 3 de 30 de agosto de 1997 (tamén en Cuentos negros, Galaxia Gutenberg, 2011)
- Quinteto de Buenos Aires (1997). Planeta.
- El hombre de mi vida (2000). Planeta.
- Milenio Carvalho I. Rumbo a Kabul (2004). Planeta
- Milenio Carvalho II. En las antípodas (2004). Planeta.
Outras novelas Editar
- Recordando a Dardé (en Recordando a Dardé y otros relatos (1989). Seix Barral. E en Tres novelas ejemplares, Bruguera, 1983, Espasa-Calpe, 1988)
- Happy end (1974). Gaya Ciencia, (taménén en Tres novelas ejemplares, Bruguera, 1983, Espasa-Calpe, 1988, e en Escritos subnormales, Seix Barral, 1989, Mondadori, 2000)
- La vida privada del doctor Betriu (1983). (en Tres novelas ejemplares, Bruguera, 1983, Espasa-Calpe, 1988)
- El pianista (1985). Círculo de Lectores. En Mondadori, 1996
- El matarife (1986). Almarabu.Tamén en Pigmalión y otros relatos, Seix Barral, 1987, Mondadori, 2000.
- Los alegres muchachos de Atzavara, (1987). Seix Barral, Mondadori, 2000.
- Pigmalión (en Pigmalión y otros relatos) (1987). Seix Barral, Mondadori, 2000)
- Cuarteto (1988 e2001). Mondadori.
- Galíndez (1990). Planeta.
- Autobiografía del general Franco (1992). Planeta.
- El estrangulador (1994 e 2000). Mondadori.
- O César o nada (1998). Planeta.
- El señor de los bonsáis (1999). Alfaguara.
- Erec y Enide (2002). Planeta. A trama transcorre en parte na Illa de San Simón.
Contos Editar
Serie Pepe Carvalho Editar
- Historias de fantasmas (1987). Planeta.
- Historias de padres e hijos (1987). Planeta.
- Tres historias de amor (1987). Planeta.
- Historias de política ficción (1987). Planeta.
- Asesinato en Prado del Rey y otras historias sórdidas (1987). Planeta.
- El hermano pequeño (1994). Planeta.
- Cuentos negros (2011). Galaxia Gutenberg.
Outros Editar
- Recordando a Dardé y otros relatos (1969). Seix Barral.
- Pigmalión y otros relatos (1987). Seix Barral, Mondadori, 2000.
- Cuentos blancos (2011). Galaxia Gutenberg.
Gastronomía Editar
Tamén era gastrónomo. As referencias que fai á comida ou a gastronomía eran unha das características da serie Carvalho como o ritual de prende-la cheminea con libros que condenaba ó lume. Pero tamén ten obras estritamente feitas como gastrónomo como Contra los gastrónomos, obra de iniciación ao mundo da gastronomía, onde percorre todos os alimentos e todas as cociñas do mundo, dende a cociña tradicional á nouvelle cuisine, e mesmo analiza as modas alimenticias (que non gastronómicas) coma a "comida sa" e "o light". Outras obras gastronómicas súas son Cocina Catalana e Recetas inmorales.
- L'art del menjar a Catalunya (1977). Edicions 62.
- La cocina catalana: el arte de comer en Cataluña (1979). Península.
- Las Cocinas de España: Cataluña; Extremadura; Galicia; Valencia (1980). Sedmay.
- Recetas inmorales (1981).Oh Sauce, Afanias,1996.
- Mis almuerzos con gente inquietant, (1994).Planeta.
- Contra los gourmets (1985). Difusora Internacional, Mondadori, 2001
- Tiempo para la mesa (1986). Difusora Internacional.
- Las recetas de Carvalho (1989). Planeta.
- Les meves receptes de cuina catalana (1995). Ediciones 62.
- Carvalho gastronómico 1. Saber o no saber (2002). Ediciones B.
- Carvalho gastronómico 2. La cocina de autor en España (2002). Ediciones B.
- Carvalho gastronómico 3. La cocina del Mediterráneo y la mediterraneidad (2003). Ediciones B.
- Carvalho gastronómico 4. Beber o no beber (2003). Ediciones B.
- Carvalho gastronómico 5. Guía de restaurantes obligatorios (2003). Ediciones B.
- Carvalho gastronómico 6. La cocina de la harina y el cordero (2003). Ediciones B.
- Carvalho gastronómico 7. La cocina del mestizaje (2003). Ediciones B.
- Carvalho gastronómico 8. La cocina de los finisterres (2003). Ediciones B.
- Carvalho gastronómico 9. Diccionario indispensable para la supervivencia (2003). Ediciones B.
- Carvalho gastronómico 10. El otro recetario (2003). Ediciones B.
Ensaio Editar
Escribiu ensaios sobre xornalismo, política, socioloxía, deporte, historia, cociña, biografías, literatura e música. O seu primeiro ensaio foi Informe sobre la Información (1963). Outras obras:
- Informe sobre la información, (1963). Fontanella, 3ª en 1975.
- Manifiesto subnormal (1963). Kairós (e en Escritos subnormales, Seix Barral, 1989, Pellicanolibri, 1980)
- Crónica sentimental de España (1971). Lumen, Grijalbo, 1998
- Joan Manuel Serrat (1972). Júcar, e 1976, 1978 e 1984, Nortesur, 2010
- El libro gris de Televisión Española (1973).Ediciones 99.
- Las noticias y la información (1973). Salvat Editores.
- La vía chilena al golpe de estado (1973). Saturno.
- La penetración americana en España (1974). Cuadernos para el Diálogo.
- Cien años de canción y Music Hall (1974). Difusora Internacional.
- La Capilla Sixtina: del proceso de Burgos al espíritu de febrero (1975). Kairós.
- ¿Qué es el imperialismo? (1976). Gaya Ciencia.
- Diccionario del Franquismo (1977). Dopesa.
- Cómo liquidaron al franquismo en dieciséis meses y un día (1977). Planeta.
- Imágenes y recuerdos. 1919-1930. La rebelión de las masas (1977). Difusora Internacional.
- Los demonios familiares de Franco (1978). Dopesa, Diario Público, 2009
- La palabra libre en la ciudad libre (1979). Gedisa.
- Historia y comunicación social (1980). Bruguera, Crítica, 1997, Mondadori, 2000.
- Crónica sentimental de la transición (1985). Planeta.
- Barcelones Empúries (1987).
- Barcelonas Empúries (1987).
- Rafael Ribó: l'optimisme de la raó (1988). Planeta.
- Rafael Ribó: el optimismo de la razón (1988). Planeta.
- Escenas de la literatura universal y retratos de grandes autores (1988). Debuxos de Willi Glasauer, Círculo de Lectores.
- L'esquerra neccessària (1989). Organismos oficiales de administración.
- Escritos subnormales (1989). Seix Barral, Mondadori, 2000.
- Moscú de la revolución, Planeta (1990).
- Veinticinco años, veinticinco anuarios: del apagón de Nueva York a la caída del muro de Berlín (1991). Difusora Internacional.
- Gauguin, Flohic (1991).
- La literatura y la construcción de la ciudad democrática (1992). Bancaja.
- Decàleg del culé, Columna (1992).
- Novela negra, novela política (1993). Ibercaja.
- Felípicas (Sobre las miserias de la razón práctica) (1994). El País/Aguilar.
- Panfleto desde el planeta de los simios (1995). Crítica, Mondadori, 2000
- Pasionaria y los siete enanitos (1995). Planeta.
- El poder (1996). Espasa, antoloxía de textos, selección de Francisco J. Satué
- Un polaco en la corte del rey Juan Carlos (1996). Alfaguara. Análise da vída política en Madrid, nos últimos anos de goberno de Felipe González.
- El escriba sentado (1997). Crítica, Mondadori, 2001, Diario Público, 2009
- Elogis desmesurats, Empuréis (1997).
- La literatura en la construcción de la ciudad democrática (1998). Crítica, Mondadori.
- Y Dios entró en La Habana (1998). El País/Aguilar. Sobre Cuba, Fidel Castro e a visita do Papa Xoán Paulo II.
- Marcos: el señor de los espejos (1999). El País/Aguilar. Sobre o Subcomandante Marcos e o levantamento de Chiapas
- Geometría y compasión, Mondadori (2003).
- La aznaridad, Mondadori (2003).
- Fútbol. Una religión en busca de un Dios, (2005). Arena Abierta.
- La ciudad: ese imaginario o circunloquio sobre la deconstrucción de Barcelona (2008). Revista Antípodas, número XVIII.
- Jack el Decorador (2008). De Bolsillo.
Teatro e radio Editar
- Guillermotta en el país de las Guillerminas (1973). Anagrama. Espectáculo de Music Hall, música de Juan Luis Moraleda e José Aponte, escrito para ser interpretado por Guillermina Motta (tamén en Escritos subnormales, Seix Barral, 1989, Mondadori, 2000)
- Cuestiones marxistas (1974). Anagrama (Tamén en Escritos subnormales, Seix Barral, 1989, Mondadori, 2000)
- Flor de nit (1992). Editorial Boileau. Libreto de musical, música de Albert Guinovart.
- Antes de que el milenio nos separe. Carvalho contra Vázquez Montalbán (1997). Monólogo teatral (en Carvalho 25 años. Estuche conmemorativo, Planeta)
- María Hitler (1984). Guión radiofónico inédito
Con pseudónimo Editar
Como Luis Dávila Editar
- Política y deporte (1972). Editorial Andorra. Prólogo de Manuel Vázquez Montalbán
Como Manolo V el Empecinado Editar
- La educación de Palmira, (1972). Editorial Andorra, cómic, dibujos de Nuria Pompeia, epílogo de Sixto Cámara (pseudónimo de Manuel Vázquez Montalbán).
- Lo mejor de Por Favor (1974). Punch. Deseños de Jaume Perich.
- El año del ¡Ay!, ¡Ay!, ¡Ay! (1976). Sedmay. Deseños de Jaume Perich.
Premios e homenaxes Editar
- 1979: Premio Planeta por Los mares del sul.
- 1991: Premio Nacional de Narrativa, por Galíndez.
- 1992: Premio Europeo de Literatura, por Galíndez.[7]
- 1994: Premio da Crítica, por El estrangulador.
- 1994: Premio Internacional de Literatura Ennio Flaiano, por Autobiografía del general Franco.
- 1995: Premio Nacional das Letras Españolas. Praza Vázquez Montalbán en San Baudilio de Llobregat.
- 1998: Premio Rosalía de Castro do Centro PEN Galicia.[8]
Desde 2007 existe unha rúa chamada "Manuel Vázquez Montalbán" na localidade de Xetafe (Madrid). Anteriormente, o Concello de San Baudilio de Llobregat (Barcelona) deu este nome a unha praza situada no barrio de Casabranca. Tamén son bautizados na súa honra o Centro Cívico "Vázquez Montalbán" de Vallvidrera (Barcelona) e o Instituto de Educación Secundaria "Manuel Vázquez Montalbán" de San Adrián de Besós (Barcelona), que adopta esta denominación tras o seu falecemento. Desde o 29 de xuño de 2018 tamén conta cunha glorieta na localidade madrileña de Valdemoro.
Premios no seu nome Editar
O Colexio de Xornalistas de Cataluña outorga desde 2004 o Premio Internacional de Xornalismo Vázquez Montalbán na súa memoria. Este entrégase nas categorías de xornalismo deportivo e xornalismo cultural e/ou político, lembrando así as dúas facetas do seu traballo neste campo. En 2004 dedicóuselle o VIII premio Nostromo de narrativa marítima que foi parar á novela El veneno del Escorpión. En 2006 o Concello de Barcelona entrega por primeira vez o Premio Pepe Carvalho, que se concede a escritores de novelas policiais ou negras.
Homenaxes doutros escritores Editar
Manuel Vázquez Montalbán serviu de inspiración ao escritor italiano Andrea Camilleri á hora de poñer nome ao protagonista da súa serie de novelas e narracións curtas sobre o comisario Montalbano. Así, Montalbano sería unha italianización de Montalbán. De feito, o personaxe de ficción é afeccionado ás novelas policiacas escritas por Vázquez Montalbán, que conformaron a serie sobre Pepe Carvalho.
Notas Editar
- ↑ "Biografia de Manuel Vázquez Montalbán". www.biografiasyvidas.com. Consultado o 2021-01-03.
- ↑ "Vázquez Montalbán en Galicia". www.vespito.net. Consultado o 2021-01-03.
- ↑ José de Cora (22 de marzo de 2022). "Pepe Carvalho, un detective cosmopolita que nace en Souto (Láncara)". Bitácora de Cora (en castelán).
- ↑ 4,0 4,1 "Manuel Vázquez Montalbán. A fondo (ed. completa e restaurada).". YouTube (en castelán). Consultado o 2022-10-10.
- ↑ lecturalia.com. "Manuel Vázquez Montalbán: libros y biografía autor". Lecturalia (en castelán). Consultado o 2021-01-03.
- ↑ "Muere el escritor Manuel Vázquez Montalbán al sufrir un paro cardiaco en Bangkok". El País (en castelán). 2003-10-18. ISSN 1134-6582. Consultado o 2021-01-03.
- ↑ "Manuel Vázquez Montalbán" (en castelán). 2020-11-07.
- ↑ "Premios Rosalía de Castro". 2020-12-11.
Véxase tamén Editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Manuel Vázquez Montalbán |