Lobos de Arga
Lobos de Arga é un filme español de comedia e terror protagonizada por Gorka Otxoa e dirixida por Juan Martínez Moreno, con localizacións en Galicia. Estreouse en galego na TVG o 14 de abril de 2014.[1]
Lobos de Arga | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Lobos de Arga |
Director | Juan Martínez Moreno |
Produtor | Tomás Cimadevilla |
Guión | Juan Martínez Moreno |
Intérpretes | Gorka Otxoa Carlos Areces Secun de la Rosa Manuel Manquiña Luis Zahera Mabel Rivera |
Música | Sergio Moure |
Fotografía | Carlos Ferro |
Montaxe | Nacho Ruiz Capillas |
Estudio | Telespan 2000 Vaca Films |
Distribuidora | Telespan 2000 |
Estrea | 7 de outubro de 2011 14 de abril de 2014 (TVG) |
Duración | 104 minutos |
Orixe | España Galicia |
Xénero | Terror e comedia |
Na rede | |
Sinopse
editarNo ano 1910 a Marquesa dos Mariño de Arga (Galicia) recibiu unha maldición dunha xitana sentenciada a morte pola propia marquesa. Cando o seu fillo varón cumpra 10 anos converterase nun lobishome, ademais de que os veciños tamén se converterán unha vez cada 100 anos.
Un século despois, o último descendente dos Mariño, Tomás (Gorka Otxoa), un escritor mediocre, regresa á súa aldea para recibir unha homenaxe sen saber que a "honra" é ser sacrificado nun ritual no que debe alimentar á besta co seu propio sangue para acabar coa maldición.
Personaxes
editar- Gorka Otxoa como Tomás Mariño
- Carlos Areces como Calixto
- Secun de la Rosa como Mario
- Manuel Manquiña como Evaristo
- Luis Zahera como Sarxento da Garda Civil
- Mabel Rivera como Avoa de Tomás Mariño
- Coté Soler como Garda Civil
- Marcos Ruíz como Diego
- Xosé Manuel Olveira "Pico" como Dono do bar
- Dorotea Bárcena como Muller do dono do bar
- Xulio Lago como Home cego
- Ramsés como Vito, o can
Produción
editarÉ unha coprodución de Vaca Films e Telespan 2000, na que participou tamén a TVG. Rodouse durante nove semanas entre Galicia e Madrid e contou cun orzamento de 5 millóns de euros, dos que unha boa parte se destinou ós efectos especiais, maquillaxe e caracterizacións.[2]
Galardóns e nomeamentos
editar- 2011: Premio do Público á mellor longametraxe da Semana de Cine Fantástico e de Terror de San Sebastián.
- 2012: Premio do Público no Dead by Dawn Horror Film Festival (Escocia).
Ano | Categoría | Receptor | Resultado |
---|---|---|---|
11ª edición | Mellor filme | Tomás Cimadevilla | Nomeado |
Mellor montaxe | Nacho Ruíz Capillas | Nomeado | |
Mellor maquillaxe e peiteado | Raquel Fidalgo e Fermín Galán | Gañador |
Notas
editar- ↑ CRTVG. "Estrea do filme na TVG". Arquivado dende o orixinal o 15 de abril de 2014. Consultado o 14 de abril de 2014.
- ↑ CRTVG. "Coprodución de Lobos de Arga e TVG". Arquivado dende o orixinal o 15 de abril de 2014. Consultado o 14 de abril de 2014.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Lobos de Arga na IMDb (en inglés). (en inglés)
- Web oficial da película (en castelán)
- Vídeos da rodaxe en rtve.es (en castelán)
- Ficha no soportal do audiovisual galego.