Dorotea Bárcena
Adoración Sánchez Bárcena, nada en Oviedo o 9 de xullo de 1944 e finada en Santiago de Compostela o 22 de novembro de 2016,[1][2][3] foi unha actriz, dramaturga e directora de teatro galega.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de xullo de 1944 Oviedo, España |
Morte | 22 de novembro de 2016 (72 anos) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | actriz , director teatral |
Lingua | Lingua galega e lingua castelá |
Traxectoria
editarDiplomada en Maxisterio, abandonou moi pronto as funcións docentes no Colexio dos Pais Xesuítas de Vigo para dedicarse de cheo ao teatro,[3] participando en 1970 na creación, con Xulio Lago, do grupo Esperpento Teatro Xove,[1] un dos grupos máis activos do incipiente teatro independente galego. Neste grupo dirixiu os espectáculos As bicicletas (1972, sobre un texto de Antonio Martínez Ballesteros), Historias do Zoo (1973, sobre un texto de Edward Albee) e A Orxía (1973, sobre un texto de Enrique Buenaventura), e participa como actriz noutras propostas como Os opositores , O vendedor de peixe ou O home que se converteu en can, a partir de textos de Antonio Martínez Ballesteros, Miguel Cobaleda e Oswaldo Dragún, con dirección de Xulio Lago.
Participa ao mesmo tempo na dirección e coordinación das Xornadas de Teatro que Esperpento Teatro Xove organiza en Vigo e que supón a presentación na cidade de compañías como Els Joglars, Els Comediants, Ditirambo, José Luis Gómez, Aquelarre, Esperpento (de Sevilla), TEI de Madrid, Gangarilla, Caterva, A-71, Plutja, La Picota, Teatro de la Ribera, Cizalla, Teatro del Mar, Teatro del Mediodía ou PTV.
En 1985 participa como actriz no primeiro espectáculo de Teatro do Atlántico, Xoana, creado a partir dun texto de Manuel Lourenzo con dirección do propio Xulio Lago. Colabora na dramaturxia e como axudante de dirección do primeiro espectáculo do Centro Dramático Galego, Woyzeck, dirixido por Xulio Lago a partir do texto homónimo de Georg Büchner, estreado en 1984, e en 1985 dirixe Follas Novas, unha dramaturxia propia a partir do poemario homónimo de Rosalía de Castro.
Coa compañía Medusa representa a obra Mulliéribus, da que tamén era a autora, en 1987 coa dirección de Fernanda Lapa.[4]
Tamén en 1987 funda a compañía Teatro da Lúa, na que desenvolveu traballos como dramaturga, actriz e directora de escena como en Sigrid era só unha moneca rota en 1989, Cabaret Alén en 1991, ou De picas, cruces e carabelas. Farsa de conquista i encomedas tamén en 1991.[5][5][6][7]
Durante 1988 é directora do Centro Dramático Galego.[3] Posteriormente realiza traballos co Centro Dramático Nacional, participando no espectáculo Martes de carnaval a partir da coñecida obra de Ramón María del Valle-Inclán e dirixido por Mario Gas en 1995;[1] con A Factoría Teatro en A casa de América (1998, sobre un texto de Edward Thomas con dirección de Cristina Domínguez) e co CDG en Xelmírez ou a groria de Compostela (1999, sobre un texto de Daniel Cortezón, con dirección de Roberto Vidal Bolaño).[8]
Os seus traballos están marcados pola inmediatez da posta en escena, pero tamén pola necesidade de crear historias desde a perspectiva da muller e de contalas utilizando outro punto de vista.[5]
Hai que destacar ademais as súas múltiples colaboracións e traballos en cine e televisión e os diversos premios recibidos ao longo da súa xa dilatada traxectoria profesional.
Obra
editarTeatro
editarComo actriz
editar- A casa da América (como "Nai", coa Factoría Teatro; obra de Edward Thomas, dirección de Cristina Domínguez Dapena).[9]
- Agasallo de sombras (como "Rosalía", co Centro Dramático Galego, obra e dirección de Roberto Vidal Bolaño).[10]
- Xoana (con Teatro do Atlántico; obra de Manuel Lourenzo, dirección de Xulio Lago).[11][12]
- De Picas, Cruces e Carabelas. Farsa de Conquista e Encomendas (con Teatro da Lúa, obra e dirección de Roberto Salgueiro).[13]
- Ultimamente non durmo nada (con Teatro da Lúa, obra de Alber Ponte, dirección de Gina Piccirilli).[14]
- Un cranio furado (como "Mary Rafferty", con Excéntricas Producións Teatrais; obra de Martin McDonagh, dirección de Quico Cadaval).[15]
Como autora
editar- O Agnus Dei dunha nai (como "Nai", con Teatro Da Mari Gaila, coautora con Xulio Lago)[16]
- Mulliéribus (como "Raíña", coa Compañía Medusa con dirección de Fernanda Lapa)[4]
- Sigrid era só unha moneca rota (con Teatro da Lúa)
- Cabaret Alén (con Teatro da Lúa; tamén como directora)
- A irmandade do Graal (con Teatro da Lúa; tamén como directora)
- Celestina (Fantasía para xoguetes) (con Teatro da Lúa; tamén como directora)
- Entre bastidores (con Teatro da Lúa; tamén como directora)
- As Troianas (con Teatro da Lúa)
- Últimamente non durmo nada (con Teatro da Lúa)
- Con flores a María (con Teatro da Lúa; tamén como directora)
- Medea (para a Olimpiada Cultural de Barcelona 92)
- Martes de Carnaval (co Centro Dramático Nacional)
- Casa de América (coa Factoría Teatro)
- Kvetch: O rosmón (obra de Steven Berkoff, coa compañía Teatro do Morcego)
- As mulleres do porvir (con Teatro da Lúa con dirección de Xan Cejudo).[17]
Como directora
editar- A longa agonía das centolas (con Teatro da Lúa, obra de Ovidio L. Blanco).[18]
- As bicicletas[19]
- A orxía[19]
- Historia del zoo[20]
- Follas Novas (co Centro Dramático Galego, obra de Rosalía de Castro).[21]
Cine e televisión
editar- Divinas palabras (Cine, 1987)
- El pianista (1999, como Ramona Baquero)
- Os outros feirantes (Serie da TVG)
- Martes de carnaval (1991, TVE)
- La mujer de tu vida (TVE)
- El baile de las ánimas (1993, como Dorotea)
- Pepa y Pepe (1995, TVE)
- ¿Quién da la vez? ( 1995, Antena3 TV)
- Don Juan Tenorio (TVE)
- Dame algo (Cine, 1997 como Madre Superiora)
- Una extraña mirada (1998, como cantineira)
- Menudo es mi padre (Antena3 TV)
- Nada es para siempre (Antena3 TV)
- Ilegal (2002, Sra. Rosario)
- Periodistas (Tele 5)
- Lentura (2004 como Avoa/Amparo)
- Ernesto en 10 minutos (2005)
- Maridos e mulleres (2006, TVG, como Gloria)
- O show dos Tonechos (2005-2008, para a TVG, como Amadora)
- Os mortos van á presa (2008, como Maruxa)
- Escoba!
- Outro máis (2011)
- Lobos de Arga (Cine, 2011)
Premios e mencións
editar- Premio AGAPI á Mellor Interpretación Feminina por El baile de las ánimas.
- Premio da Crítica de Galicia no apartado de Iniciativas Culturais.
- Finalista como mellor autor teatral en galego dos Premios MAX das Artes escénicas pola obra As mulleres do provir (2004).
- Premio de Honra Marisa Soto 2006.[19]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Falece a actriz Dorotea Bárcena". Informativos, TVG. 22/11/2016. Arquivado dende o orixinal o 24/11/2016. Consultado o 24/11/2016.
- ↑ "Galicia por Diante on Twitter". Twitter. Consultado o 22/11/2016.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 "Fallece a los 72 años la actriz Dorotea Bárcena". El Progreso. 22/11/2016.
- ↑ 4,0 4,1 Ficha de Mulliéribus no Centro de Documentación Teatral (en castelán)
- ↑ 5,0 5,1 5,2 Ficha no sitio web da Asociación de Directores de Escena de España Arquivado 15 de xullo de 2016 en Wayback Machine. (en castelán)
- ↑ Ficha de Cabaret Alen no Centro de Documentación Teatral (en castelán)
- ↑ Ficha de De picas, cruces e carabelas. Farsa de conquista i encomedas no Centro de Documentación Teatral (en castelán)
- ↑ "A AAAG despídese da actriz e compañeira Dorotea Bárcena, pioneira da escena galega"". AAAG. 22/11/2016.
- ↑ Ficha de A casa da América no Centro de Documentación Teatral (en castelán)
- ↑ Ficha de Agasallo de sombras no Centro de Documentación Teatral (en castelán)
- ↑ Ficha de Xoana no Centro de Documentación Teatral (en castelán)
- ↑ Cartel
- ↑ Ficha de De Picas, Cruces e Carabelas. Farsa de Conquista e Encomendas no Centro de Documentación Teatral (en castelán)
- ↑ Ficha de Ultimamente non durmo nada no Centro de Documentación Teatral (en castelán)
- ↑ Ficha de 'Un cranio furado na páxina web do Centro Dramático Galego
- ↑ Ficha de O Agnus Dei dunha nai no Centro de Documentación Teatral (en castelán)
- ↑ Ficha de As mulleres do porvir no Centro de Documentación Teatral (en castelán)
- ↑ Ficha de A longa agonía das centolas no Centro de Documentación Teatral (en castelán)
- ↑ 19,0 19,1 19,2 Premio de honra María Casares 2006 AAAG.
- ↑ Currículo na Asociación de Actores e Actrices de Galicia
- ↑ Ficha de Follas Novas no Centro de Documentación Teatral (en castelán)
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Bárcena, Dorotea (2012). Unha vida en furgoneta. Fundación AISGE.
- Barrera, Feliciano, ed. (2002). "Bárcena Sánchez, Dorotea (Dorotea Bárcena)". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego. p. 54. ISBN 84-8064-113-4.
- Conde, Lorena (2022). As mil vidas de Dorotea. Cuarto de Inverno.[1]
Ligazóns externas
editar- Asociación de directores de escena de España Arquivado 15 de xullo de 2016 en Wayback Machine. (en castelán).
- López Silva (2017). "Dorotea Bárcena". Álbum de Mulleres do Consello da Cultura Galega.
- ↑ ""Dorotea Bárcena foi unha figura importantísima malia quedar sepultada baixo o clixé raquítico da sogra dos Tonechos"". Praza.gal. 18 de febreiro de 2022.