Audiovisual galego
Suxeriuse que "Festivais audiovisuais experimentais en Galicia" sexa fusionado con este artigo ou apartado (conversa). Para realizar a fusión dos artigos sigue estes pasos. |
Denomínase audiovisual galego a industria do audiovisual con base en Galiza, xa a nivel de produción ou elaboración de contidos. O organismo que se ocupa da coordinación e organización é o Consorcio AudioVisual Galego, dependente da Xunta de Galicia[1].
Historia
editarOs comezos
editarA primeira gravación da historia da filmografía galega foi o Entierro del General Sánchez Bregua, rodada na Coruña o 20 de xuño de 1897 (a segunda película española máis antiga tan só despois de Salida de misa de doce del Pilar de Zaragoza), rodada por José Sellier. Dende aquela o seu percorrido é o da historia do resto da cultura galega, resumible en dúas opcións: exilio ou silencio. Facendo certo o refrán que fai que os profetas non o sexan na súa terra, o éxito dos profesionais galegos deuse no estranxeiro, principalmente na Arxentina, México, Francia e Cuba. Nomes como Maruja Mallo, Carolina Otero ou Ignacio Quirós apareceron nas páxinas da revista Galicia Emigrante, como mostra do que os galegos e fillos de galegos facían nas pantallas e teatros de fóra de Galicia. Desta época é tamén a relación do cine coa compañía relixiosa fundada polo patrón da cinematografía: os salesianos, creados por San Xoán Bosco teñen un labor iniciático na divulgación, promoción, fomento, defensa e mesmo formación e protección do cine de base aló onde se asentaron, moi a pesar da represión franquista, en Vigo, Ourense ou A Coruña.
En 1916 filmouse Miss Ledyia, o primeiro filme galego de ficción.
A industria propia
editarDende o primeiro filme comercial, Sempre Xonxa de Chano Piñeiro (pero sen esquecer que xa Antonio Román fixera un documental titulado O carro e o home, con guión de Xaquín Lorenzo), o audiovisual galego oscilou moito na súa produción. A subvención da administración non sempre acadou os froitos agardados e o desenvolvemento foi moi irregular. Inda así, coa creación da Compañía de radio e televisión de Galicia, desenvolvéronse múltiples facetas en infinidade de ámbitos (dende a normalización lingüística ata a obriga de dobraxe ou subtitulado) que provocaron un resultado xeral positivo.
Outro punto de mellora foi o aproveitamento de novas institucións. Creáronse centros de ensino ó nivel da Formación Profesional de grao superior, como a Escola de Imaxe e Son de Vigo no centro Marcote e a Escola de Imaxe e Son da Coruña, e departamentos oficiais, como o Centro Galego de Artes da Imaxe.
Os últimos pasos máis destacables son a aposta pola produción propia: co fito na dirección do polifacético Antón Reixa, Mareas vivas, producida por Voz Audiovisual, xurdiron unha nova xeración de series que salpican a grella da programación da TVG, como Pratos combinados, As leis de Celavella ou Libro de familia. Mesmo no mundo da animación dixital, o incremento da produción galega levou implicada a creación dunha empresa conveniada con Caixanova que realizou dúas producións moi vendidas no estranxeiro, O bosque animado e O soño dunha noite de San Xoán (Dygra Films). En Santiago, na filial de Filmax, Bren Entertainment estase a producir cine de animación de gran calidade, coa multimillonaria película Donkey Xote, e conta coa coprodución de títulos coma O Cid, a lenda, Pinocho 3000, Gisaku e Perez.
Principais obras
editarAs principais obras do audiovisual galego, tanto longametraxes coma curtametraxes e debuxos animados, son as seguintes:
- Sempre Xonxa de Chano Piñeiro, en 1988, con Xosé Manuel Olveira "Pico", Uxía Blanco, María Pujalte ou Loles León
- Continental, en 1988, de Xavier Villaverde
- Urxa, a terceira da tríade do 1988, de Carlos A. López Piñeiro
- Mamasunción, tamén de Chano Piñeiro
- O bosque animado, de animación dixital sobre un libro do coruñés Wenceslao Fernández Flórez
- Lena, rodada en parte na zona antiga de Vigo
- Días de voda (de Juan Pinzás)
- Érase outra vez (de Juan Pinzás)
- A lénda da doncella
- A vida que che espera
- Os luns ó sol, (Fernando León de Aranoa)
- O lapis do carpinteiro, baseada nun texto de Manuel Rivas
- Trece badaladas, baseada nun texto de Suso de Toro
- O alquimista impaciente
- Sei quen es
- Fisterra
- As belas durmintes
- Divertimento
- A promesa
- O agasallo de Silvia
- Un bosque de música
- Ilegal, con Lucía Jiménez
- Camiño de Santiago. A orixe
- Pinocho 3000, de animación dixital
- O Cid, a lenda, de debuxos animados
- Romasanta, de Francisco Plaza sobre un libro de Alfredo Conde
- Dagon
- O soño dunha noite de San Xoán
- Gisaku
- Pérez, o ratiño dos teus soños
- Donkey Xote
- Mar adentro, de Alejandro Amenábar sobre a vida de Ramón Sampedro
Notas
editarVéxase tamén
editarLigazóns externas
editar- AVG O audiovisual galego Consello da Cultura Galega
- CGAI pola Xunta
- Centro Galego de Artes da Imaxe Arquivado 16 de xullo de 2005 en Wayback Machine.
- Asociación Galega de Produtoras IndependentesArquivado 02 de decembro de 2020 en Wayback Machine.
- No concello de Ourense fálase de cine[Ligazón morta permanente]
- Soportal do audiovisual galego na páxina do Consello da Cultura Galega