Días de voda
Filme de 2002 dirixido por Juan Pinzás
Días de voda é unha comedia de Juan Pinzás do ano 2002 protagonizada polos actores galegos Comba Campoy e Monti Castiñeiras. É o quinto filme en galego máis visto da historia, con 38.579 espectadores nos cinemas logo da súa estrea.[1][2]
Días de voda | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Días de voda |
Director | Juan Pinzás |
Produtor | Pilar Sueiro |
Guión | Juan Pinzás |
Intérpretes | Monti Castiñeiras, Comba Campoy, Ernesto Chao, Belén Constenla, Rosa Álvarez, Pilar Saavedra, Miguel Insua, Asunción Balaguer, Ernesto Ferro, Javier Gurruchaga, Alfonso Agra, Luis Amérigo, Juan Manuel de Prada, Mimy L. Fuentes, Alejandro Garrido, Mónica Salgueiro |
Música | Juan Manuel Sueiro |
Fotografía | Gerardo Moschioni, Tote Trenas |
Montaxe | Cristina Otero |
Estrea | 2002 |
Duración | 104 minutos |
Orixe | ![]() |
Xénero | Drama |
Recadación | 172 471,60 €[1] |
ArgumentoEditar
A historia lévanos á voda de Sonia (Comba Campoy), a filla dun importante editor, que vai realizar o soño da súa vida casando con Rosendo (Monti Castiñeiras). El é un garboso escritor con tendencias homosexuais, que en realidade desexa máis o novo premio literario que creou o seu futuro sogro que á súa prometida. A celebración do casamento traerá inesperadas sorpresas.
Galardóns e nomeamentosEditar
Premios Mestre MateoEditar
Ano | Categoría | Receptor | Resultado |
---|---|---|---|
2002 | Mellor filme | Pilar Sueiro | Nomeado |
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
- Días de voda en FilmAffinity (en castelán).
- ↑ 1,0 1,1 Catálogo ICAA (ed.). "Ficha da ICAA de Días de voda". Consultado o 2 de novembro de 2019.
- ↑ Mato, Mar (31 de outubro de 2019). ""O que arde" disputa a "Sempre Xonxa" a medalla de ouro do filme en galego máis visto da historia". Faro de Vigo. Consultado o 2 de novembro de 2019.