Abrir o menú principal

Cristina Otero

fotógrafa española

Cristina Otero Pascual, nada o 29 de novembro de 1995 en Pontevedra, é unha artista e fotógrafa galega principalmente coñecida polos seus autorretratos[1].

Cristina Otero Pascual
Cristina Otero image 1.jpg
Autorretrato de Otero titulado "identidade".
Nacemento29 de novembro de 1995 (23 anos)
 Pontevedra, Galiza Galiza
NacionalidadeEspaña
OcupaciónFotógrafa
editar datos en Wikidata ]

Índice

TraxectoriaEditar

É a máis nova dos tres fillos de Noemi Pascual e Luis Otero. Desenvolveu a súa paixón pola fotografía a unha idade moi temperá. Cando tiña 13 anos descubriu o programa de televisión America's Next Top Model e ficou abraiada pola maquillaxe, as poses e o estilismo, polo que decidiu facer as súas propias composicións[2] de xeito autodidacta[3].

 
Publicidade de Renfe cunha foto de Cristina Otero.

Para tirar as súas fotografías emprega unha cámara Pentax K-5. As máis das veces retrátase a si mesma[4][5]. Fixo a súa primeira exposición individual cando tiña só 15 anos, feito que a converte na artista máis nova en expoñer nunha galería de arte en España[3][6].

A súa obra foi exposta na Kir Royal Gallery de Valencia dende o 15 de outubro de 2011 até o 15 de xaneiro de 2012[7]; e de novo entre o 7 e 10 de xuño de 2012 coa participación de MadridFoto.[8]

Tamén expuxo no Fnac Parquesur de Madrid entre o 1 e o 31 de marzo de 2012, e no Fnac L'illa de Barcelona entre o 25 de xullo e o 10 de setembro dese mesmo ano[9][10]. Outras exposicións tiveron lugar na "Fundación Caixa" en Carlet (Valencia, 2012), no Fnac de Marbella (2013), Ámsterdam (2012), Berlín (2012) e Alxer (2013). Unha das súas fotografías formou parte dunha campaña de publicidade de Renfe entre 2012 e 2013.

Galería de imaxesEditar

NotasEditar

  1. astrumpeople.com (ed.). "Cristina Otero Photography: Beautiful Tutti Frutti Self Portraits". Consultado o 16 de abril de 2016. 
  2. Huffington Post (ed.). "Cristina Otero, 16-Year-Old Photographer, Creates Stunning Self-Portraits With Fruit". Consultado o 16 de abril de 2016. 
  3. 3,0 3,1 Nita, Catalina. impressivemagazine.com, ed. "Cristina Otero: a Young and Talented Artist". Arquivado dende o orixinal o 06 de novembro de 2014. Consultado o 16 de abril de 2016. 
  4. Sinuous Mag (ed.). "Creative Pick of the Week: Cristina Otero’s Tutti Frutti Photography Series". Arquivado dende o orixinal o 04 de maio de 2016. Consultado o 16 de abril de 2016. 
  5. Istvanek, Kala. Toonari Post, ed. "Artist Spotlight: Cristina Otero Interview". Arquivado dende o orixinal o 06 de novembro de 2014. Consultado o 16 de abril de 2016. 
  6. Mirror Magazine (ed.). "Cristina Otero, MirrorMagazine collaborator, stars in an exhibition at the Fnac Parquesur". Arquivado dende o orixinal o 13 de febreiro de 2013. Consultado o 16 de abril de 2016. 
  7. Kir Royal Gallery (ed.). "Cristina Otero "The other the same: one for itself"". Arquivado dende o orixinal o 26 de xuño de 2012. Consultado o 16 de abril de 2016. 
  8. Hypatia's Eyes (ed.). "Kir Royal Gallery Presents in Valencia Madridfoto 2012 Three young promises: Cristina Otero, Fernando Bayonne and Julie Schimel". Consultado o 16 de abril de 2016. [Ligazón morta permanente]
  9. Fnac (ed.). "Cristina Otero Exhibition in Fnac Parquesur". Arquivado dende o orixinal o 06 de novembro de 2014. Consultado o 16 de abril de 2016. 
  10. The Issue Magazine (ed.). "Cristina Otero". Arquivado dende o orixinal o 27 de xullo de 2013. Consultado o 16 de abril de 2016. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar