Belén Constenla
Belén Martínez Constenla, nada en Madrid o 6 de xaneiro de 1961, é unha actriz galega.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de xaneiro de 1961 (63 anos) Madrid, España |
Actividade | |
Ocupación | actriz, actriz de cinema |
Premios | |
| |
Traxectoria
editarActriz de teatro, desde o ano 1986 actuou coas compañías Teatro Caritel, Centro Dramático Galego (1989-2001), Teatro do Noroeste, Espello Cóncavo, Ur Teatro, Ollomoltranvía, Teatro do Aquí, Teatro do Morcego, Teatro do Atlántico e Lagarta, Lagarta.
Na TVG colaborou en programas como Magazine Crocante (1991), Luar (1996), Supermartes (1997-1998), Telequexou (2001-2002) e como actriz secundaria en Pratos combinados (1998-1999) e protagonista en Rías Baixas (2000-2003) e A vida por diante (2006-2007), o seu último proxecto televisivo en Galicia ata o momento. Posteriormente, en 2008, colabora nas series de TVE El caso Waninkhof e Guante blanco, dirixida polo responsable d' A vida por diante, o galego Carlos Sedes.
Tamén participou en varias películas e colaborou con papeis episódicos nas series El Comisario e Hospital Central, ambas as dúas de Telecinco.
Filmes
editar- Sei quen es (Patricia Ferreira Mañá, 1999; como enfermeira).
- Días de voda (Juan Pinzás, 2001
- A Atlántida (Belén Macías, 2005).
- Calles de fuego (Ismael Morillo, 2006).
- Pradolongo (Ignacio Vilar, 2007)
- El Caso Wanninkhof (Pedro Costa e Fernando Cámara, 2008).
- Os mortos van á présa (Ángel de la Cruz, 2009).
- Vilamor (Ignacio Vilar, 2012).
- La bella Otero (Jordi Frades, 2007).
- Fútbol de alterne (Alber Ponte, 2010).
- Tres días de abril) (David Alonso, 2010).
- Vacas, porcos e zapatos de tacón (Manu Espinheira, 2010).
- A pesar de todo, quérote) (Jorge Algora, 2011).
- Salazón (Jesús Font, 2012).
Teatro
editar- Terceiro Acto dirixida por Andrea Jiménez e Noemi Rodríguez, 2021.
- Voaxa e Carmín de Esther F. Carrodeguas, dirixida por Xavier Castiñeira, 2016.
- Unha hora na vida de Stefan Zweig, de Antonio Tabarés, dirixida por Rosa Álvarez, 2011.
- Cásting (a comedia), de Roger Justafré. Lagarta, Lagarta, 2010 (como Madga).
- O segredo dos Hoffman de Alejandro Palomas, dirixida por Rosa Álvarez, 2009.
- Unha primavera para Aldara de Teresa Moure ,dirixida por Xulio Lago para Teatro do Atlántico, 2008.
- Carambola de José Prieto, dirixida por Lino Braxe, 2006.
- Fobias de José Prieto, dirixida por Lino Braxe, 2004.
- Os vellos non deben de namorarse de Castelao, dirixida por Celso Parada para Teatro do Morcego 2002.
- O país acuático, de Eduardo Alonso, para Teatro do Noroeste, 2002.
- A cacatúa verde de Schnitzler. Dirixida por Eduardo Alonso, para o Centro Dramático Galego, 2001.
- A Celestina de Fernando de Rojas; Teatro do Noroeste, 2000.
- Criaturas de Roberto Vidal Bolaño para Teatro do Aquí, 2000.
- Trabajos de amor perdidos de William Shakespeare. Dirixida por Helena Pimenta para UR Teatro, 1999.
- Las galas del difunto" e El embrujado para o CDG, 1998.
- Bailando en verano de Brian Friel, dirixida por Arturo López para Espello Cóncavo, 1997.
- Un soño de verán de Shakespeare, para o CDG.
- As vodas de Fígaro de Pierre-Augustin de Beaumarchais, dirixida por Eduardo Alonso para Teatro do Noroeste, 1994.
- O incerto señor Don Hamlet de Álvaro Cunqueiro, dirixida por Ricard Salvat para o CDG, 1991.
- O rei Lear de Shakespeare para Teatro do Noroeste, 1990.
Galardóns e nomeamentos
editarAno | Categoría | Título | Resultado |
---|---|---|---|
2002 | Mellor actriz | Rías Baixas | Nomeada |
2006 | Mellor actriz | A vida por diante | Nomeada |
2007 | Mellor actriz | A vida por diante | Nomeada |
2008 | Mellor actriz secundaria | Os mortos van á présa | Gañadora |
- 2008: Mellor actriz Festival de Curtas de Sada por "Rosa dos Ventos"
Premios María Casares de Teatro
editar- 1997: Nomeada á Mellor actriz secundaria por Bailando en verán.
- 1998: Mellor actriz por Unha rosa é unha rosa.
- 1999: Nomeada á Mellor actriz secundaria por El embrujado.
- 2000: Mellor actriz secundaria por Criaturas.
- 2005: Nomeada á Mellor actriz por Fobias.
- 2010: Mellor actriz por O Segredo dos Hoffman.
- 2017: Nomeada á Mellor actriz por Voaxa e Carmín.