Abrir o menú principal

Mamasunción é unha curtametraxe de Chano Piñeiro, rodada en 1984 en 35 mm. Acadou o Gran Premio do Cine Español no 2º Certame Nacional de Cine de Bilbao, e o Trofeo de Prata do Instituto de Cooperación Iberoamericana no XXVI Certame Internacional de Cine de Bilbao (1984).

Mamasunción
Ficha técnica
Título orixinalMamasunción
DirectorChano Piñeiro
(axudante: Julián Núñez)
ProdutorPiñeiro SA
GuiónChano Piñeiro
IntérpretesAntón Casal, Asunción Racamonde, Manuel Barreiro, David de Liñares, Tía Elvira, Tía Lusinda, Eliseo Montes, Diego Montes, Ricardo Álvarez, Mari Luz Amaro, Gonzalo Pereira, Manuel Martínez
MúsicaPablo Barreiro e Xosé Luís Rivas Cruz
FotografíaMiguel Ángel Trujillo
MontaxeLuis Manuel del Valle
Estrea28 de decembro de 1984
Duración21 minutos
OrixeGalicia Galicia

ArgumentoEditar

A obra conta a historia de Mamasunción, unha anciá que vive nunha remota aldea. Cada día, durante corenta anos, acode á oficina de correos en espera dunha carta do seu fillo emigrado.

Por fin, un día o carteiro entrégalle a Mamasunción a carta longamente agardada. Primeiro lella unha veciña, e dille que o fillo está ben e que axiña escribirá de novo. Porén, Asunción desconfía e dálla a ler ao borracho da aldea. El comunícalle que o seu fillo morreu e que lle deixou unha cuantiosa herdanza.

O alcalde do concello chega á aldea nun coche, o cal se converte nun grande acontecemento. Dálle a Asunción unha parte da herdanza, un maletín cheo de dólares, e informa á veciñanza que o finado deixou tamén cartos para obras sociais.

Os veciños e veciñas van tras Asunción, que lles dá coa porta nos fociños. Eles petan para que abra a porta, pero ela queima co diñeiro.

HistoriaEditar

A curtametraxe rodouse despois de que Piñeiro fundase a súa produtora cinematográfica, Piñeiro SA (máis tarde coñecida como Bubela SL). A rodaxe tivo lugar nas aldeas de Baíste e Rubillón, no concello de Avión.

O filme estreouse o 28 de decembro de 1984 en Vigo, e conseguiu atraer a atención de diversos festivais internacionais. Tal foi o éxito da curtametraxe que o 25 de xullo de 1985 a TVG abriu a súa primeira emisión con Mamasunción.

A inspiración para esta curtametraxe procede dunha lembranza infantil de Chano Piñeiro: a anciá María Rosa da Regueira que agardaba día tras día noticias do seu fillo emigrado en México. Toda Mamasunción está impregnada das vivencias de Chano Piñeiro e do seu Forcarei natal. Así, por exemplo, o seu amigo Manuel Barreiro, carteiro na vida real, e pai de Xosé Luís Barreiro Rivas, que lle alugaba o piso á familia Piñeiro, interpreta na ficción o carteiro.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar