Avión
Coordenadas: 42°23′18″N 8°16′22″O / 42.388333333333, -8.2727777777778
Avión é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Ribeiro. Segundo o IGE a súa poboación no ano 2016 era de 1910 habitantes[8] (1962 en 2015, 2730 no 2006, 2780 no 2005, 2804 no 2004, 2881 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é avionés[9].
Avión | |
---|---|
Avión | |
Situación | |
Xentilicio[1] | avionés/avionesa |
Xeografía | |
Provincia | Provincia de Ourense |
Comarca | Comarca do Ribeiro |
Poboación | 1.770 hab. (2022)[2][3] |
Área | 120,5 km²[3] |
Densidade | 14,69 hab./km² |
Entidades de poboación | 36[4] |
Capital do concello | San Xusto |
Política (2023 [5][6]) | |
Alcalde | Antonio Montero Fernández (PPdeG) |
Concelleiros | PPdeG: 5 Outros: Novos Aires por Avión 3 Vox 1 |
Eleccións municipais en Avión | |
Uso do galego[7] (2011) | |
Galegofalantes | 58,30% |
Na rede | |
www.concelloavion.org | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Xeografía Editar
Sitúase no noroeste da comarca do Ribeiro. Limita ao norte con Beariz, ao sur con Carballeda de Avia, ao leste con Boborás e Leiro, e ao oeste cos concellos da Lama, Fornelos de Montes e Covelo.
É un concello montañoso e de relevo accidentado. As serras do Suído e Faro de Avión limitan o concello polo oeste superando os 1.000 metros de altitude. Desde os cumios o relevo descende abruptamente, dando lugar a vales encaixados que dificultan as comunicacións.
A rede fluvial está formada polo río Avia e os seus afluentes. O Avia nace en Fonte Avia, parroquia de Nieva, e recibe en Avión tres afluentes de importancia: o Couso, o Valderías e o río Cardelle, que forma o límite cos concellos de Boborás e Beariz.
O clima de Avión vén condicionado polas diferenzas de altitude entre as distintas terras do concello. Nas serras do Suído e Faro de Avión o clima é de montaña, frío en inverno e con intensas precipitacións mentres que nas zonas máis baixas as temperaturas son máis cálidas aproximándose ao tipo de clima mediterráneo da comarca do Ribeiro. Na zona intermedia entre a montaña e os vales pode dicirse que aparece un tipo de clima continental. O observatorio de Amiudal, a 553 m de altitude, rexistra unhas medias aproximadas de 5,5 °C en xaneiro e 19 °C en xullo.
Demografía Editar
Censo total | 1962 (2015) |
---|---|
Menores de 15 anos | 94 (4,79 %) |
Entre 15 e 64 anos | 919 (46,84 %) |
Maiores de 65 anos | 949 (48,37 %) |

Evolución da poboación de Avión Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 |
4923 | 5186 | 5450 | 4120 | 2804 | 2561 | 1962 | 1910 | {{{13}}} | {{{14}}} | {{{15}}} | {{{16}}} | {{{17}}} | ||||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Historia Editar
No século XI Avión correspondía ao territorio xurisdicional do Metropolitano de Braga, recoñecido en 1010 polos bispos de Mondoñedo, Astorga, Lugo, Tui, Ourense, Lamego, Coímbra, Porto e Viseu. Porén, esa dependencia non debeu durar máis alá da implantación da Monarquía en Portugal en 1139.
En 1150, debido a unha competencia sobre límites das dioceses entre os prelados de Oviedo, Ourense e Astorga, o Papa Uxío III encomendoulle a resolución do conflito a Afonso VII de Castela. O rei dispuxo o 1 de marzo dese mesmo ano, que o Bispo de Oviedo cedese ao de Ourense a parte diocesana da Limia, desde o monte de Padrón ata Donia, e desde o río Azor até o Arnoia até a súa desembocadura no Miño; até Barroso coas igrexas de Petrayn e as de Castela; a de Orcellón; as igrexas de Avia e de Avión.
En 1156 o Bispo de Ourense e o Cabido de Tui fixeron unha partición de igrexas das súas dioceses, na que figura o arciprestado de Novoa e Avión; segundo isto, parte do territorio de Novoa e Avión (mais non Ribadavia), pertencían xa a aquela diocese, e a outra parte do territorio, chamada terras de Avia e Avión, formaba parte da diocese de Ourense. En 1215 chega a Orde do Temple a Avión, á igrexa de San Andrés de Abelenda.
En 1375 instáurase o señorío dos Sarmiento, condes de Ribadavia. A súa xurisdición abarcaba as freguesías de Avión, Abelenda, Amiudal, Barroso, Nieva, Couso (que compartía co mosteiro de Melón) e Córcores. Todas elas debían pagar o tributo da "fumaza" ou "fogaza", abolido por Isabel II en 1837.
Trala división territorial de España en 1833 foi concello de seu até xuño de 1843, cando a casa consistorial se trasladou a Abelenda de Avión.
Cultura Editar
Toponimia Editar
O seu nome procede do veciño río Avia. Porén popularmente asociouse o nome ao da Andoriña de cu branco, que tamén recibe o nome de avión, polo que no escudo do concello aparece este animal. Avia procede da raíz indoeuropea celta av- ou au-, fonte, corrente de auga. Comparte orixe co río Ave (chamado Avó na época da Gallaecia, hoxe Ave, ao norte do Porto) e con outros ríos franceses, españois e italianos[10].
Patrimonio Editar
Patrimonio natural Editar
Salienta Pena Corneira, un espazo declarado monumento natural, onde atopamos formacións rochosas senlleiras e un importante patrimonio natural.
Patrimonio etnográfico Editar
Salientan, entre as innumerables construcións tradicionais, os chozos do Suído.
Galería de imaxes Editar
- Artigo principal: Galería de imaxes de Avión.
Parroquias Editar
Lugares de Avión Editar
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Avión vexa: Lugares de Avión.
Notas Editar
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020.(en castelán).
- ↑ 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2022) "Avión".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
- ↑ Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
- ↑ Goberno de España, Ministerio del Interior (ed.). "Elecciones 2023" (en castelán). Consultado o 20 de xuño de 2023.
- ↑ "El PSdeG gobernará sobre 1,2 millones de gallegos, el PP a 667.000, y el BNG a 360.000". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 20 de xuño de 2023.
- ↑ Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014.
Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google
- ↑ Instituto Galego de Estatística (IGE). Xunta de Galicia, ed. (2017). "Poboación de Avión. Nomenclátor de Galicia. Ano 2016". Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 27 de febreiro de 2017.
- ↑ Costas González, X.-H. (2015): "Os xentilicios en galego". En Eva M.Castro Figueiras; MªCristina Rodríguez Ricart. Na universidade en galego con seguridade, páx. 77. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-696-1
- ↑ Notas acerca de Hidronimia Gallega Abelardo Moralejo Laso, Universidade de Santiago de Compostela
Véxase tamén Editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Avión |
Outros artigos Editar
Ligazóns externas Editar
Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |