Andoriña de cu branco

A andoriña de cu branco ou avión (Delichon urbicum) é unha ave da familia das Hirundinidae.

Andoriña de cu branco

Exemplar en Islandia.
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Familia: Hirundinidae
Xénero: Delichon
Especie: D. urbicum
Nome binomial
'Delichon urbicum'
(Linnaeus, 1758)
Amarelo – zona de cría Azul – inverno
Amarelo – zona de cría
Azul – inverno

Amarelo – zona de cría
Azul – inverno
Sinonimia

Hirundo urbica Linnaeus, 1758, Delichon urbica

Delichon urbicum

Morfoloxía e hábitos editar

É unha ave de 13 cm de lonxitude e 20 gramos de peso. Similar á andoriña común, mais coa cola en forma de V curta. Branca toda a parte inferior do corpo, do queixo á rabadilla. O lombo e parte superior da cabeza son negros con tonalidades azuis. A especie non presenta dimorfismo sexual.

Ave gregaria, voa con picados frecuentes, mais sen a velocidade e versatilidade da andoriña; aliméntase de insectos voadores.

Confiada cos humanos, a especie habita en aldeas, zonas de agro, cantís e canteiras.

Reprodución editar

O período de cría vai de maio a setembro, facendo unha posta de 4-5 ovos. Realiza 2-3 postas ó ano, sendo o tempo de incubación de 12-13 días e permanecendo os polos 16-23 días no niño. Este adoita estar en edificios ou en rochedos e ten forma convexa cun único orificio de entrada.

Distribución editar

De abril a outubro é moi frecuente en toda Europa e Norte de África. Pasa o inverno en África.

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Guía de Aves: España, Europa y Región Mediterránea. Lars Svensson, Killian Mullarney, Dan Zetterstïons. Ediciones Omega. (en castelán)
  • Gran Guía de la Naturaleza AVES. Nicolai, Singer, Wothe. Editorial Everest (en castelán).