Carballeda de Avia
Coordenadas: 42°19′12.95″N 08°9′55.04″O / 42.3202639, -8.1652889
Carballeda de Avia é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Ribeiro. Segundo o padrón municipal, en 2014 tiña 1390 habitantes (1596 en 2003).O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é carballedés[8] ou (véxase no Galizionario) aviao[9] .
Carballeda de Avia | |
---|---|
![]() Reitoral de Beiro. | |
Situación | |
Xentilicio[1] | carballedés/carballedesa aviao/aviá |
Xeografía | |
Provincia | Provincia de Ourense |
Comarca | Comarca do Ribeiro |
Poboación | 1.219 hab. (2022)[2][3] |
Área | 47,0 km²[3] |
Densidade | 25,94 hab./km² |
Entidades de poboación | 8 parroquias[4] |
Capital do concello | Carballeda de Avia |
Política (2019[5]) | |
Alcalde | Luís Milia Méndez (PSdeG[6]) |
Concelleiros | PPdeG: 2 PSdeG-PSOE: 7 |
Eleccións municipais en Carballeda de Avia | |
Uso do galego[7] (2011) | |
Galegofalantes | 88,92% |
Na rede | |
http://www.carballedadeavia.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
DemografíaEditar
Censo Total | 1390 (2014) |
Menores de 15 anos | 84 (6,04 %) |
Entre 15 e 64 anos | 735 (52,88 %) |
Maiores de 65 anos | 571 (41,08 %) |

Evolución da poboación de Carballeda de Avia Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 |
3463 | 3449 | 3312 | 2822 | 1601 | {{{13}}} | {{{14}}} | {{{15}}} | {{{16}}} | {{{17}}} | |||||||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
XeografíaEditar
O concello ten 46 km² e abrangue oito parroquias. Está situado entre as serras do Faro e do Suído.
HistoriaEditar
Consérvanse restos da cultura castrexa no poboado de Coto da Moura. Durante a idade media e o antigo réxime a zona pertenceu aos condes de Ribadavia, Lemos e Monterrei., así como ós mosteiros de Celanova, Melón e Oseira.
PatrimonioEditar
A igrexa de Abelenda das Penas é de orixe románica, e estivo relacionada coa Orde do Temple. Preto dela hai un cruceiro do século XVII e restos romanos. No adro da igrexa de San Pedro de Beiro hai un cruceiro con pousadoiro. En Beiro destaca tamén a casa do Priorato.
A igrexa de Muimenta é románica, e nesta parroquia hai unha eira con numerosos canastros. A ermida da Nosa Señora do Lodairo é de estilo románico de transición a gótico, cun peto de ánimas próximo. A igrexa de San Miguel en Carballeda de Avia é barroca.
Patrimonio naturalEditar
Salienta Pena Corneira, un espazo declarado monumento natural, onde atopamos formacións rochosas senlleiras e un importante patimonio natural.
HeráldicaEditar
O escudo heráldico do concello é partido e cortado, timbrado con coroa real. En campo de prata, unha carballeira de cor natural. En campo de azul, unha torre redonda de pedra superada dunha aguia voante de sable, picada e membrada de goles. En campo de ouro, unha serra de cor natural (pedra).
Galería de imaxesEditar
- Artigo principal: Galería de imaxes de Carballeda de Avia.
Hórreos de Muimenta.
ParroquiasEditar
Lugares de Carballeda de AviaEditar
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Carballeda de Avia vexa: Lugares de Carballeda de Avia.
NotasEditar
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020.(en castelán).
- ↑ 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2022) "Carballeda de Avia".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
- ↑ Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
- ↑ Goberno de España, Ministerio do Interior (ed.). "Elecciones 2019". resultados.eleccioneslocaleseuropeas19.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2019. Consultado o 27 de maio de 2019.
- ↑ Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Carballeda de Avia". www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019.
- ↑ Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014.
Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google
- ↑ Costas González, X.-H. (2016): Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega, páx. 44. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7
- ↑ Costas González, X.-H. (2016): 'Os xentilicios en galego' en Na universidade con seguridade , páx. 79. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-696-1
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Carballeda de Avia |
Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |