Comarca do Ribeiro
A comarca do Ribeiro é unha comarca galega situada na provincia de Ourense no curso medio do río Miño, que a percorre de nordeste a suroeste. A súa capital é Ribadavia, e a ela pertencen os concellos da Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón e Ribadavia. Dálle nome ao viño do Ribeiro.
Comarca do Ribeiro | |
---|---|
![]() | |
Provincia | Provincia de Ourense |
Área | 406,9 km² |
Poboación | 15.808 hab. (2019) |
Concellos | A Arnoia Avión Beade Carballeda de Avia Castrelo de Miño Cenlle Cortegada Leiro Melón Ribadavia. |
Xentilicio | ribeiro/ribeira |
Ocupa unha superficie de 407,1 km², nos que viven 16.547 habitantes (2017). Por ela transcorren tamén os ríos Arnoia e Avia. O Miño está represado nos encoros de Castrelo de Miño e da Frieira. Existen varios balnearios que aproveitan as augas. Desde a Serra do Suído e Faro de Avión, ao oeste, onde se chega ao 1.000 m de altitude, o relevo descende até só 97 m en Ribadavia e Arnoia.
PoboaciónEditar
Censo total 2019 | 15.808 habitantes |
---|---|
Menores de 16 anos | 1.194 (7.55 %) |
Entre 15 e 64 anos | 8.396 (53.11 %) |
Maiores de 65 anos | 6.218 (39.33 %) |
ClimaEditar
O clima é de transición oceánico-mediterráneo, propicio para o cultivo do viñedo.
O Ribeiro na cultura popular galegaEditar
- Refraneiro
- Dálle ó porco do caldeiro, e non do Ribeiro [1].
- Mentras auga teña o Miño, no Ribeiro non falta viño [2].
- O viño do Ribeiro fai andar ó mozo lixeiro [3].
- O viño do Ribeiro fai fortes ós mozos e remoza ós vellos [3].
- O viño do Ribeiro fai ó vello chuscarrandeiro [3].
- O viño do Ribeiro non ten compañeiro [3].
- O viño do Ribeiro ten sona de paroleiro [3].
- Viño tinto do Ribeiro, falangueiro e trouleiro [3].
- Pra bos viños, Ribadavia, e todo o Ribeiro de Avia [3].
- Viño tinto do Ribeiro, falangueiro e trouleiro [3].
- Cantigueiro
- O Ribeiro é moi alegre/ polo tempo da vendima,/ que o veñen facer alegre/ as nenas de aló d’arriba.
Galería de imaxesEditar
- Artigo principal: Galería de imaxes da comarca do Ribeiro.
NotasEditar
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, Eladio: Diccionario enciclopédico gallego-castellano, Galaxia, Vigo 1958-1961.
- VALLADARES NÚÑEZ, Marcial: Diccionario gallego-castellano, Santiago, Imp. Seminario Conciliar 1884.