Melón
Coordenadas: 42°15′27″N 8°13′02″O / 42.2575, -8.2172222222222
Melón é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Ribeiro. Segundo o padrón municipal (IGE) tiña en 2016 1 280 habitantes, dos que 667 son mulleres e 613 homes, nun descenso continuado de poboación desde 2012, cando tiña 1 479 habitantes.
Melón | |
---|---|
Casa do concello | |
Situación | |
Xentilicio[1] | melonés |
Xeografía | |
Provincia | Provincia de Ourense |
Comarca | Comarca do Ribeiro |
Poboación | 1.137 hab. (2022)[2][3] |
Área | 53,22 km²[3] |
Densidade | 21,36 hab./km² |
Entidades de poboación | 2 parroquias[4] |
Política (2023 [5]) | |
Alcalde | Emilio Luis Díaz (PSdeG[6]) |
Concelleiros | PPdeG: 3 PSdeG-PSOE: 5 Outros: Veciñ@s: 1 |
Eleccións municipais en Melón | |
Uso do galego[7] (2011) | |
Galegofalantes | 71,90% |
Na rede | |
melon.gal/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Poboación Editar
Censo total | 1.340 (2014) |
Menores de 15 anos | 58 (4.33 %) |
Entre 15 e 64 anos | 729 (54.4 %) |
Maiores de 65 anos | 553 (41.27 %) |

Evolución da poboación de Melón Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 |
3.324 | 3.408 | 3.315 | 2.299 | 1.552 | 1.545 | 1.475 | 1.479 | 1.396 | 1.340 | 1.293 | 1.280 | {{{15}}} | {{{16}}} | {{{17}}} | ||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Xeografía Editar
O concello ten 53,2 km². Limita ao norte cos concellos de Avión e Carballeda de Avia, ao sur co da Cañiza (da provincia de Pontevedra), ao oeste con A Arnoia e Ribadavia e ao oeste con Covelo (tamén da provincia de Pontevedra). Polo concello pasa a autovía A-52 que une Vigo e Ourense.
Historia Editar
A historia desta terra está fortemente vencellada ao da mosteiro de Melón, fundado en 1158 por monxes da orde do Císter chegados de Clairvaux comandados polo abade Giraldo.
Entre o patrimonio arquitectónico, amais das ruínas do mosteiro (declarado Monumento Histórico-Artístico en 1931), destaca a igrexa parroquial de Quins (finais do século XVI, pertencente á orde do Císter) e o peto de ánimas de Codesás, construído en 1856 e de gran devoción popular.
Melón na literatura popular Editar
- Vinme triste en Ponteareas,/ e da Cañiza a Melón,/ mais cheguei a Ribadavia/ e ensanchouse o corazón.
Galería de imaxes Editar
- Artigo principal: Galería de imaxes de Melón.
-
Fervenza do río Cerves
-
Pozas de Melón
-
Pozas de Melón
-
Río Cerves
-
Bandeira de Melón, Ourense.[8]
Parroquias Editar
Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Melón | |
---|---|
Lugares de Melón Editar
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Melón vexa: Lugares de Melón.
Notas Editar
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020.(en castelán).
- ↑ 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2022) "Melón".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
- ↑ Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
- ↑ Goberno de España, Ministerio del Interior (ed.). "Elecciones 2023" (en castelán). Consultado o 20 de xuño de 2023.
- ↑ "El PSdeG gobernará sobre 1,2 millones de gallegos, el PP a 667.000, y el BNG a 360.000". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 20 de xuño de 2023.
- ↑ Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014.
Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google
- ↑ Decreto 147/2004, do 25 de xuño DOG núm. 132 (9 de xullo de 2004)
Véxase tamén Editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Melón |