Abrir o menú principal

A A-52 ou autovía das Rías Baixas é unha autovía que une as localidades de Benavente (Zamora) e O Porriño (Pontevedra), intercomunicando o sur de Galicia entre si, saíndo cara a Zamora e unindo Galicia con Madrid. Ten 306 quilómetros, iniciándose no p.q. 267 da autovía do Noroeste (A-6) e finalizando no punto quilométrico 306, onde liga coa A-55. No futuro prolongarase ata Vigo, constituíndo unha alternativa á A-55 e á AP-9. Atravesa 3 provincias e conta con varios túneles e viadutos de tamaño considerable.

A-52
Autovía das Rías Baixas
A-52 na Canda.
TipoloxíaAutovía
RedeRede de estradas do Estado
Lonxitude306 km
Localización
InicioA-6 (Benavente)
FinA-55 (O Porriño)

HistoriaEditar

A súa construción remóntase ós inicios de 1994, cando se empezaron as obras no tramo Melón-Barbantes (Ourense), e terminou no 2003, cando se puxo en servizo o último tramo entre Requeixo de Seabra (provincia de Zamora) e A Vilavella (A Mezquita), derivado da dificultade deste último. A obra resultou máis custosa do previsto inicialmente, debido ós continuos desprendementos de terras, as dificultades orográficas aparecidas e a complexidade do trazado. Os primeiro tramo aberto foi Vigo-Ourense, o de maior volume de tráfico, a finais de 1998. O tramo Ourense-Benavente completouse a finais de 2003.

Tras superar o estudo informativo, o 25 de outubro de 2007 entrou en redacción o proxecto para a prolongación da autovía ata Vigo, cun túnel de 2,8 km baixo o monte de Puxeiros, e unha distancia total de 1430 metros sobre viadutos, como alternativa á actual A-55. Estaba previsto que as obras se iniciasen cara a 2009 e rematasen a mediados de 2011[Cómpre referencia], pero na actualidade aínda non comezaron. A prolongación constará de 10,3 km e custará arredor de 169 millóns de euros.

TramosEditar

Denominación Tramo Estado (2012) km
 A-52  Benavente (A-6/A-66) - Ourense En servizo (2003) 232
 A-52  Ourense - O Porriño (A-55) En servizo (1998) 84
O Porriño (A-55) - Vigo Proxecto terminado (pendente licitación de obras) 12

SaídasEditar

Número de saída Nome da saída Estrada coa que liga
  1   Benavente-Madrid-Lugo-La Bañeza
León-Oviedo
A-6
A-66
  4-6 Manganeses de la Polvorosa-Villabrazaro-Santa Cristina de la Polvorosa
  15     Quiruelas de Vidriales-Quintanilla de Urz
  29    Camarzana de Tera-La Bañeza ZA-110
  49   Rionegro del Puente-Zamora N-631
  54o-57e   Mombuey N-525
  75 Palacios de Sanabria-Otero de Sanabria N-525
  79o-85e  Pobra de Seabra-Lago de Seabra N-525
  91o-92e   Requeixo de Seabra N-525
    Túnel do Padornelo 630 m
    Porto do Padornelo 1.311 m
  99o-103e   Padornelo-Acibeiros N-525
  106o-107e Lubián- Hermisende
  108o Chaos-As Hedradas N-525
    Túnel da Canda 450 m  
    Portela da Canda 1.161 m
  Provincia de Ourense GALICIA / Provincia de Zamora CASTELA E LEÓN  
  114o-117e A Vilavella-Portugal N-525
  120e   O Pereiro-A Mezquita-Portugal N-525 OU-311
  124o-129e   A Gudiña-Viana do Bolo N-525 0U-533
  132 Herosa-Pentes
  143 Vendas da Barreira-Riós
  151 Fumaces-Verín-Vilardevós N-525
  155 Verín-Vilardevós OU-310
  159 Chaves A-75  
  160   Verín-Oímbra-Portugal N-532  
  166o Monterrei-Verín-Vilaza OU-9
  173   Cualedro-Albarellos N-525 0U-902
  181   Trasmiras-Vila de Rei N-525
  188    Xinzo de Limia-Abavides N-525
  193   Xinzo de Limia N-525
  202 Sandiás N-525
  210o-211e   Allariz-Taboadela-Poligono Industrial San Cibrao N-525
  217   A Merca-A Mezquita-Rante
  224 Ourense Sur-San Cibrao das Viñas-Celanova-Polígono Industrial de San Cibrao-Santiago de Compostela N-525 OU-540
  229e-230o Ourense Centro OU-11
  233 Ourense N-120
  240 Cortegada N-120
  241 O Carballiño-Pontevedra N-541
  252   Ribadavia N-120
  262 Melón-Quins N-120
  Provincia de Pontevedra / Provincia de Ourense  
  269o   A Cañiza N-120
  271-272   A Cañiza PO-5005
    Túnel da Franqueira 2.100 m
  282 As Neves-A Franqueira PO-5001
  287 As Neves
  291-294   Ponteareas-Portugal
  303   Batalláns- O Porriño
  305   O Porriño-Redondela N-550
  306   Vigo - Pontevedra
Tui - Portugal-Vigo-Pontevedra
A-55
AP-9
  308   Vigo-Pontevedra A-55
    Túnel de Meixoeiro 2.840 m
  316   Vigo A-55