A-66
A A-66, coñecida como Autovía Ruta de la Plata ou Autovía de la Plata, é unha autovía española que une as cidades de Xixón e Sevilla. O nome de Ruta da Prata fai referencia á histórica ruta que os romanos construíron entre Mérida e Astorga, aínda que non comparte trazado con ela. É a segunda autovía con máis quilómetros de España, por detrás da Autoestrada do Mediterráneo (AP-7).
![]() Autovía Ruta de la Plata | |
---|---|
![]() | |
![]() | |
Tipoloxía | Autovía |
Ruta europea | ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Lonxitude | 786 km |
Localización | |
Inicio | Xixón (Praza do Humedal) |
Fin | Sevilla (Porto de Sevilla) |
É necesaria para as viaxes entre a Meseta e Asturias, ao ser a principal vía de entrada ao Principado dende o interior peninsular. As localidades máis importantes polas que pasa son, de norte a sur: Xixón, Oviedo, Mieres, León, Benavente, Zamora, Salamanca, Béjar, Plasencia, Cáceres, Mérida, Almendralexo, Zafra e Sevilla.
A A-66 coincide coas rutas europeas E-70 entre Xixón e Serín, E-80 entre o norte e oeste de Salamanca, E-803 entre Salamanca e Sevilla, E-82 entre o norte e leste de Zamora e E-90 entre o norte e oeste de Mérida, no trazado compartido coa A-5.
Dende 2015 está en servizo en todo o seu percorrido. O tramo entre Campomanes e León corresponde á autoestrada de peaxe AP-66.