O Porto de Sevilla está situado ao sur da cidade de Sevilla, a beiras do río Guadalquivir e a 80 quilómetros da súa desembocadura no océano Atlántico. Actualmente é o único porto fluvial comercial de España.[1]

Peirao das Delicias

Existen numerosos textos gregos e latinos que resaltan a importancia do porto da antiga cidade de Híspalis, a actual Sevilla. En 1503 os Reis Católicos establecen en Sevilla a Casa da Contratación de Indias, que centralizaba no seu porto todo o tráfico marítimo castelán e aragonés co Novo Mundo. Tamén partiron de Sevilla case todas as expedicións españolas de descubrimento e de conquista da primeira metade do século XVI.

  1. Autoridad Portuaria de Sevilla. "Nuestro Puerto". Arquivado dende o orixinal o 21 de marzo de 2008. Consultado o 7 de agosto de 2008.