Cáceres
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Coordenadas: 39°29′20″N 6°22′37″O / 39.48889, -6.37694
Cáceres (en estremeño: Caçris, na fala de Xálima: Cáciris) é unha cidade estremeña, capital da provincia homónima, de 95.418 habitantes (2021). Cunha superficie de 1.768 km², é o concello máis extenso de España.
Cáceres | |||
---|---|---|---|
| |||
![]() | |||
Localización | |||
País | ![]() | ||
Comunidade Autónoma | ![]() | ||
Provincia | Cáceres | ||
Comarca | Llanos de Cáceres | ||
Xeografía | |||
Altitude | 459 msnm | ||
Superficie | 1.750,33 km² | ||
Demografía | |||
Poboación | 92.187 hab. (2006) | ||
Densidade | 52,67 hab./km² | ||
Xentilicio | Cacereño/a | ||
Outros datos | |||
Código postal | 10001 - 10005 | ||
Alcalde | Luis Salaya (PSOE) | ||
www.ayto-caceres.es |
A cidade vella de Cáceres foi declarada Terceiro Conxunto Monumental de Europa en 1968 e Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1986.
Xeografía Editar
Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Poboación Editar
- Evolución da poboación de Cáceres entre 1842 e 2015

Historia Editar
A máis remota presenza humana no territorio do que hoxe é Càceres remóntase á Prehistoria. Na área de El Calerizo existen diversas covas (Maltravieso, El Conejar), nas que se atoparon vestixios pictóricos de mans humanas.
No século I a.C. os romanos asentaron aquí o campamento de Castra Cecilia de maneira permanente, no contorno do outeiro en que se situaría a colonia Norba Caesarina, moi próxima á importante vía de comunicacións que, máis tarde, sería coñecida como a Vía da Prata. Cara o século V d.C., os visigodos arrasan o asentamento, de xeito que ata o século VIII-IX non se sabe nada da cidade.
Serán musulmáns, procedentes do Norte de África, os que aproveitarán o lugar estratéxico sobre o que se asentara a primitiva colonia romana, para utilizala como base militar para loitar contra os reinos cristiáns do Norte, durante os primeiros séculos da conquista cristiá. O nome árabe da cidade é aínda incerto, manexándose varias posibilidades, entre elas as de Hizn Qazrix ou Al Qazrix, das que probabelmente provén a denominación actual da cidade (Nieto Ballester defende que procede do ablativo plural Castris > Cazres, e posterior epéntese dun -e-).
No século XII, ante o avance cristián, a cidade é fortificada cunha muralla de ladrillo, (que aínda se conserva), mais non foi de abondo para evitar que Afonso IX de León a tomase, logo de varios anos de asedio, o 23 de abril de 1229, día de San Xurxo, que desde entón é celebrado pola cidade como o seu padroeiro.
A partir deste momento, Cáceres comeza a transformase, construíndo igrexas no mesmo sitio onde se levantaran mesquitas, e palacios cristiáns sobre os primitivos palacios musulmáns. Porén serán as fortunas procedentes de América as que farán aumentar a monumentalidade da cidade. Con lixeiros retoques a fins do XVIII, esa versión urbana é a que chegou ata os nosos días. Por iso se trata dunha das cidades monumentais mellor conservadas do mundo.
Conxunto monumental Editar
Cidade vella de Cáceres | |
---|---|
Torre de Yerba e Arco da Estrella, na Praza Maior | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | España |
Tipo | Cultural |
Criterios | III, IV |
Inscrición | 1986 (10ª sesión) |
Rexión da UNESCO | Europa e América do Norte |
Identificador | 384 |
Ademais de Patrimonio da Humanidade, Cáceres é tamén membro das Redes Caminos de Sefarad, da Ruta da Prata, sendo elixida pola Comunidade Autónoma como Capital Cultural de Estremadura Enclave 92, e co esforzo solidario das administracións públicas, empresas privadas, entidades oficiais e cidadáns particulares, aspira a ser Capital Europea da Cultura no ano 2016.
Entre outros monumentos e lugares salientábeis cabe destacar:
Igrexas Editar
- Concatedral de Santa María de Cáceres
- Igrexa de San Francisco Javier
- Igrexa de San Mateo
- Igrexa de Santiago
- Igrexa de San Juan Bautista
- Ermida da Paz
Pazos e casas nobres Editar
- Pazo de Toledo-Moctezuma
- Pazo Episcopal
- Pazo dos Golfines de Abajo
- Pazo dos Golfines de Arriba
- Pazo de Carvajal
- Pazo das Cigüeñas
- Pazo das Veletas
- Casa do Sol de Cáceres
Arcos e portas de entrada da cidade Editar
Torres defensivas Editar
- Torre de Sande
- Torre de Bujaco
- Torre dos Púlpitos
Lugares salientábeis Editar
- Praza Maior
- Foro dos Balbos
- Praza de San Jorge
- Barrio Xudeu
- Fragmento de muralla romana (Praza do Socorro)
Museos Editar
- Museo de Cáceres (Praza de las Veletas)
- Centro de Interpretación do Cáceres Vello (estrada de Torrejón el Rubio, salida Polígono Ganadero, La Mejostilla)
- Museo de Historia e Cultura "Casa Pedrilla" (Ronda de San Francisco)
- Museo Municipal "Massa Solís" (Palacio de la Isla, Praza de la Concepción)
- Museo "Casa del Mono" (C/ Cuesta Aldana)
- Casa Museo "Guayasamín" (Ronda de San Francisco)
- Casa e colección "Yusuf Al Burch" (C/ Cuesta del Marqués)
Economía Editar
É o principal centro comercial, administrativo e eixo económico da provincia e o primeiro centro turístico de Estremadura. A súa economía está baseada principalmente no sector terciario (servizos), no turismo e na construción, cunha pequena contribución do sector industrial, que se centra en industrias alimentarias, téxtiles, cerámicas e produtos derivados do caucho.
Notas Editar
- ↑ INEbase. Variaciones intercensais. Alteracións dos municipios nos censos de poboación dende 1842: 10037 Cáceres. Consultado o 2 de marzo de 2013. Cando se dispón do dato de poboación de feito e de dereito tomouse a cifra máis alta.
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Cáceres |