Castelo Branco é unha cidade de Portugal, situada no centro interior do país, a unha distancia aproximada de 260 km ao nordeste de Lisboa. O concello sumaba 55.809 habitantes en 2001. O casco urbano propio achegábase aos 31.000 habitantes

Modelo:Xeografía políticaCastelo Branco
Imaxe

Localización
Mapa
 39°49′22″N 7°29′35″O / 39.8228, -7.4931
EstadoPortugal
DistritosDistrito de Castelo Branco Editar o valor en Wikidata
CapitalCastelo Branco Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación56.109 (2011) Editar o valor en Wikidata (39,01 hab./km²)
Xeografía
Superficie1.438,16 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude319 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Creación1213 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Organización política
Membro de
Identificador descritivo
Código postal6000 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Outro
Irmandado con

Páxina webcm-castelobranco.pt Editar o valor en Wikidata

Administración

editar

Castelo Branco é un dos municipios maiores de Portugal, cunha superficie de 1.439,94 km², subdividido en 25 freguesías administrativas. Limita polo norte co concello do Fundão, polo leste con Idanha-a-Nova, polo sur con España, polo suroeste con Vila Velha de Ródão e polo oeste con Proença-a-Nova e máis con Oleiros.

Forma parte da rexión Centro e da subrexión da Beira Interior Sur. É a capital do distrito de Castelo Branco, que contaba con 208.069 habitantes en 2001.

O distrito de Castelo Branco corresponde aproximadamente á antiga provincia da Beira Baixa.

Subdivisións administrativas

editar

As freguesías de Castelo Branco son as seguintes:

Historia

editar

En 1213 recibiu carta foral de Pedro Alvito, cedida polos templarios, na que aparece a denominación Castel-Branco. Dous anos despois, o papa Inocencio III confirmouna, dándolle o nome de Castelobranco.

O mesmos templarios mandaron erguer as murallas e o castelo, entre 1214 e 1230. No interior dese recinto encóntrase a igrexa de Santa Maria do Castelo, antiga sede da freguesía. Aquí se reunían en asemblea dos homens-bos e as autoridades monástico-militares, até o século XIV.

No 1510 foille concedida nova carta foral a Castelo Branco, polo rei Manuel I.

En 1771 é elevada á categoría de cidade polo rei Xosé I, á par que o papa Clemente XIV crea a diocese de Castelo Branco que viría a ser extinta en 1881.

O Pazo Episcopal (anexo ao actual Museo Francisco Tavares Proença Júnior) é unha das mellores mostras do pulo da cidade na Idade Moderna. Mandado construír polo bispo da Guarda, Nuno de Noronha, entre 1596 e 1598, pasaría a ser logo a residencia dos bispos de Castelo Branco.

A cidade viría a tornarse capital do distrito aínda en 1959.

Economía

editar

A cidade ten sona en Portugal pola súa artesanía de colchas. En canto a industrias modernas é sede da compañía Centauro, que fabrica refixeradores, e da multinacional láctea Danone.

Patrimonio

editar

O xardín do Pazo Episcopal (1725), o castelo dos templarios e o Museo Francisco Tavares Proença Júnior, localizado no antigo Pazo Episcopal, rico en pezas arqueolóxicas, tapizarías, numismática e pintura quiñentista portuguesa.

Eventos

editar

Quince días despois do Domingo de Pascua festéxase a Feira da Señora de Mércules. Parte da tradición é tamén a Procesión dos Pasos.