Idanha-a-Nova é unha vila portuguesa no distrito de Castelo Branco, rexión Centro e subrexión de Beira Interior Sur, con cerca de 2.500 habitantes.

Modelo:Xeografía políticaIdanha-a-Nova
Imaxe

Localización
Mapa
 39°55′N 7°14′O / 39.92, -7.23
EstadoPortugal
DistritosDistrito de Castelo Branco Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación9.716 (2011) Editar o valor en Wikidata (6,86 hab./km²)
Xeografía
Superficie1.416,34 km² Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
Membro de
Identificador descritivo
Código postal6060 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Outro
Irmandado con

Páxina webcm-idanhanova.pt… Editar o valor en Wikidata
Vista xeral de Monsanto, aldea do concello de Idanha-a-Nova.

Localización

editar

É sede dun dos maiores concellos de Portugal, con 1.412,73 km² e 10.929 habitantes (2004), subdividido en 17 Freguesías. O municipio está limitado ao norte polo municipio de Penamacor, ao leste e o sur por España e ao oeste polos municipios de Castelo Branco e o Fundão.

Estatísticas

editar
Poboación do concello de Idanha-a-Nova (1801 – 2004)
1801 1849 1900 1930 1960 1981 1991 2001 2004
3543 9844 23002 27998 30418 16101 13630 11659 10929

Freguesías

editar
 
Localización de Idanha-a-Nova en Portugal.

O concello de Idanha-a-Nova comprende as seguintes freguesías:

Principais monumentos

editar

Evolución demográfica

editar

No concello de Idanha-a-Nova vivían, a finais de 2008, 10.147 persoas, 205 menos do que no ano anterior[1]. Desta poboación, 4.847 habitantes eran homes e 5.300 mulleres. 83 homes e 122 mulleres menos do que en 2007. En termos de grupos e idade, 873 persoas tiñan menos de 14 anos, 825 tiñan idades comprendidas entre os 15 e os 24 anos e 4.270 entre os 25e os 64 anos. Entre a poboación do concello con 65 ou máis anos contábanse 4.179 persoas, das que 1.565 (667 homes e 898 mulleres) tiñan entre 65 e 74 anos e 2.614 habitantes (1.091 homes e 1.523 mulleres) tiñan 75 anos ou máis.

De acordo coas informacións do Instituto Nacional de Estatística portugués, en 2007 o concello idanhense tiña unha densidade de poboación de 7,3 habitantes por quilómetro cadrado.[2]

Poboación do concello de Idanha-a-Nova (1801 – 2008) [1]
1801 1849 1900 1930 1960 1981 1991 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008
3543 9844 23002 27998 30418 16101 13630 11586 11400 11253 11085 10929 10720 10561 10352 10147

As estes datos hai que engadir unha baixa taxa de natalidade na freguesía, que se acentuou a finais do século XX, feito que contribuíu de forma decisiva no crecente envellecemento da poboación da aldea. De acordo cos censos realizados en 2001, a Aldea de Santa Margarida tiña un índice de envellecemento do 40,82 %, unha taxa lixeiramente por riba da media do concello, que era, nese ano, do 40,76 %. No ano 2001 vivían nesta freguesía *beirá 149 persoas con máis de 65 anos de idade.

De acordo con datos do Instituto Nacional de Estatística (INE), no ano 2008 a taxa de natalidade do concello de Idanha-a-Nova era do 5,7 ‰, o que representa un significativo crecemento cara ao valor rexistrado no ano 2007, que era do 4,1 ‰, pero aínda por baixo do valor verificado no ano 2006, que rexistrou unha taxa do 6,3 ‰.

Taxa de natalidade (‰) no concello de Idanha-a-Nova (2000 – 2008)
2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008
5,2 5,0 6,0 5,2 4,6 5,7 6,3 4,1 5,7

Todos estes datos contribuíron, ao lado dalgún éxodo urbano que aínda se rexistra hoxe no concello, quer para a cidade de Castelo Branco, quer para as rexións do litoral portugués, a un decrecemento sostido da poboación residente no municipio de Idanha-a-Nova. De tal modo que, segundo datos actualizados do INE en 2007, o concello idanhense rexistraba unha taxa de crecemento efectivo do -2,00 %, o decrecemento máis elevado desde o 2000.

Taxa de crecemento efectivo (%) no concello de Idanha-a-Nova (2000 – 2008)
2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008
-1,85 -1,62 -1,30 -1,50 -1,42 -1,89 -1,49 -2,00 -2,00

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar