Salvaterra do Extremo

Salvaterra do Extremo é unha freguesía portuguesa incluída no concello de Idanha-a-Nova.

Modelo:Xeografía políticaSalvaterra do Extremo

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 39°53′01″N 6°54′53″O / 39.8836, -6.9147
EstadoPortugal
DistritosDistrito de Castelo Branco
ConcelloIdanha-a-Nova
FreguesíaMonfortinho e Salvaterra do Extremo (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Bañado porRío Texo Editar o valor en Wikidata
Sucedido porMonfortinho e Salvaterra do Extremo (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

Datos básicos

editar

Ten unha extensión de 81,85 km² e unha poboación de 203 habitantes (ano 2001), sendo ese ano a súa densidade de poboación 2,5 hab/km².

Historia

editar

Salvaterra do Extremo é unha pequena vila de grande antigüidade, con orixes na prehistoria. Situada xunto a fronteira con España, parece ser que foi un reduto fortificado polos romanos, visigodos e árabes, para protexer as explotacións mineiras (de chumbo, estaño e ouro).

Coa independencia de Portugal Afonso Henríques mandou construír, sobre as ruínas das antigas fortificacións, un castelo, hoxe desaparecido. O rei Sancho II concedeulle un foro en 1229, facéndoa cabeza dun concello, coas freguesías de Monfortinho e a propia Salvaterra.

Tras as reformas administrativas acaecidas coa implantación do liberalismo, anexionáronselle as freguesías de Penha Garcia, Rosmaninhal, Segura e Zebreira. En cambio perdeu a de Monfortinho (a máis poboada), que pasou a pertencer ao concello de Idanha-a-Nova.

Existiu como concello até 1855, cando foi anexionada ao concello de Idanha-a-Nova.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar