Xosé I de Portugal
Xosé I de Portugal (nome completo: José Francisco António Inácio Norberto Agostinho de Bragança; 6 de xuño de 1714 - 24 de febreiro de 1777), alcumado "O Reformador" debido ás reformas que emprendeu durante o seu reinado, foi rei de Portugal da dinastía de Bragança dende 1750 ata a súa morte. Casou en 1729 con Mariana Vitoria de España.
Xosé I de Portugal | |
---|---|
Rei de Portugal | |
![]() | |
Reinado | 31 de xullo de 1750 - 24 de febreiro de 1777 |
Nacemento | 6 de xuño de 1714 Lisboa, Portugal |
Falecemento | 24 de febreiro de 1777 Lisboa, Portugal |
Predecesor | Xoán V de Portugal |
Sucesor | María I de Portugal |
Consorte | Mariana Vitoria de Borbón |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
Traxectoria Editar
O reinado de Xosé I está especialmente marcado polas políticas do seu primeiro ministro, o Marqués de Pombal, que reorganizou as leis, a economía e a sociedade portuguesas, transformando Portugal nun país moderno. O 1 de novembro de 1755, Xosé I e a súa familia sobreviviran ao derrubamento do Pazo Real no Terremoto de Lisboa por se atoparen en Belém. Despois desta data, Xosé I gañou unha fobia de recintos pechados e viviu o resto da súa vida nun complexo luxosos de tendas no Alto da Ajuda, en Lisboa. Outro punto alto do seu reinado foi a tentativa de asasinato que sufriu o 3 de setembro de 1758 e o subsecuente proceso dos Távora. Os Marqueses de Távora, o duque de Aveiro e familiares próximos, acusados da súa organización, foron executados ou colocados no cárcere, mentres que a Compañía de Xesús foi declarado ilegal e os xesuítas expulsados de Portugal e das súas colonias.
Todo o reinado é caracterizado pola creación de institucións, especialmente no eido económico e educativo, co fin de adaptar o país ás grandes transformacións que estaban sendo operadas. Fúndase a Real Xunta de Comercio, o erario Rexio, a Real Mesa Censoria; refórmase o ensino superior, créase o ensino secundario (Colexio dos Nobres, Aula de Comercio) e o primario (mestres rexios); reorganizáse o exército. En materia de política exterior, D. Xosé conservouse na política de neutralidade adoptada polo seu pai. Ten en conta tamén, o corte de relacións coa Santa Sé, que durou 10 anos.
Rei de Portugal | ||
---|---|---|
Segue a: Xoán V de Portugal |
Xosé I de Portugal | Precede a: María I de Portugal |
Dinastía de Braganza |
Descendencia Editar
De seu casamento, tivo catro fillas:
- D. Maria Francisca (1734-1816)
- D. Maria Ana Francisca (1736-1813)
- D. Maria Francisca Doroteia (1739-1771)
- D. Maria Francisca Benedita (1746-1829)
Véxase tamén Editar
Ligazóns externas Editar
- Biografía Arquivado 18 de outubro de 2017 en Wayback Machine. (en portugués)