María I de Portugal
Maria Francisca Isabel Josefa Antónia Gertrudes Rita Joana, que reinou co nome de María I de Portugal, nada en Lisboa o 17 de decembro de 1734 e finada en Río de Xaneiro o 20 de marzo de 1816, foi raíña de Portugal dende o 24 de marzo de 1777 ata a súa morte. Sucedeu ao seu pai, o rei Xosé I. D. María foi aínda Princesa do Brasil, Princesa da Beira e Duquesa de Bragança. Foi a primeira raíña reinante en Portugal.
Foi coñecida polos nomes de A Piadosa ou A Pía, debido á súa extrema devoción relixiosa (algo que foi demostrado, por exemplo, cando mandou construír a Basílica da Estrela en Lisboa, onde foi enterrada) e finalmente, como María, a Louca (así chamada no Brasil), debido á enfermidade mental manifestada con vehemencia nos últimos 24 anos de vida, despois da morte do seu fillo primoxénito, que rexeitara a vacina contra a varíola, por motivos relixiosos[1].
A familia real fuxiu para o Brasil a 13 de novembro de 1807 deixando Portugal a mercé das tropas de Napoleón. Segundo consta, a raíña tivo que embarcar á forza. Moi relixiosa, pensaba que estaba indo para o inferno. Foi proclamada Raíña do Reino Unido de Portugal, Brasil e dos Algarbes o 16 de decembro de 1815. Cando Napoleón foi derrotado en 1815, María e a familia real atopábanse aínda no Brasil. Morreu aínda no Río de Xaneiro, entón capital do Reino Unido de Portugal, Brasil e dos Algarves.
Notas
editar Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |