Benavente, Zamora
Coordenadas: 42°00′18″N 5°40′32″O / 42.0048668, -5.6756156
Benavente é unha cidade, dotada de municipio de 45 km², situada na provincia de Zamora, na comunidade autónoma de Castela e León. En 2007 tiña 18.744 habitantes, cunha densidade de 416,5 hab/km². Dista 65 km de Zamora, a capital provincial, e 112 km de Valladolid, a capital da autonomía.
Benavente, Zamora | ||
---|---|---|
Praza do concello | ||
Localización | ||
País | ![]() | |
Comunidade autónoma | ![]() | |
Provincia | Zamora | |
Comarca | Benavente y Los Valles | |
Xeografía | ||
Altitude | 800 msnm | |
Superficie | 45,12 km² | |
Demografía | ||
Poboación | 19.100 hab. (2010) | |
Densidade | 423,32 hab./km² | |
Xentilicio | benaventano, na | |
Outros datos | ||
Código postal | 49600 | |
Alcalde | Saturnino Mañanes García (PP) | |
www.benavente.es |
Situación xeográficaEditar
Benavente está en plena meseta norte e na parte setentrional da provincia, a 744 msnm, nos confíns da comarca da Terra de Campos. Está localizada nunha pequena prominencia dunhas decenas de metros sobre as terras circundantes, dominando a confluencia dos ríos Esla e Órbigo. A súa situación é estratéxica en canto para oeste os camiños conducen cara a comarca da Seabre, e desde aí para Galicia e os Tras-os-Montes portugueses. En dirección norte-sur, aséntase no Vía da Prata, que une Cádiz e Xixón, con ramais cara a León e novamente Galicia. Cara o leste, as rutas conducen a Palencia e Valladolid. Isto fixo de Benavente un nó de comunicacións, e a teor dese papel medrou nas últimas décadas.
ClimaEditar
O clima benaventino é o típico mesetario: mediterráneo continentalizado, con invernos duros, fríos e secos.
Patrimonio artísticoEditar
- Igrexa de Santa María del Azoque, iniciada no século XII, de estilo románico, mais con reformas posteriores. A portada é neoclásica.
- Igrexa de San Juan del Mercado, románica, con influencias compostelás.
- Igrexa de Santo André, de fins do XII, con elementos mudéxares, formou parte dun recinto templario.
- Hospital da Piedade, iniciado na terceira década do século XVI, en estilo renacentista.
- Convento do Espírito Santo, do século XIII.
- Convento de Santa Clara, tamén do XIII.
- Castelo dos duques de Benavente, con torreón do século XVI, convertido en Parador Nacional.
FestasEditar
- Festas da Veguilla, en honra á Virxe da Vega, oito días despois do Domingo de Resurrección.
- Festas do touro enmarromado, o día anterior a Corpus Christi.
- Entroido.
- Semana Santa, celebrada con especial relevo.
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Benavente, Zamora |