Sancha de Galicia e León

Raíña de Galiza e León

Sancha de Galicia e León ou Sancha II, tamén coñecida como Sancha Afonso, nada arredor de 1192 e finada en 1243, foi, de jure raíña de Galiza e León durante escaso período de tempo en 1230, en conxunto coa súa irmá máis nova Aldonza, aínda que de feito non exercese calquera función gobernativa.

Modelo:BiografíaSancha de Galicia e León
Biografía
Nacemento1191 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Morte1243 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata (51/52 anos)
Vilaboa, España Editar o valor en Wikidata
Familia
FamiliaCasa de Borgoña Editar o valor en Wikidata
PaisAfonso VIII de León e Galicia Editar o valor en Wikidata  e Tareixa de Portugal Editar o valor en Wikidata
IrmánsUrraca Afonso de Leão
Berengária de Leão
Aldonza de Galicia e León
Fernando III de Castela
Afonso, infante de Castela
Fernando Afonso Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar
 
Reinos de Galiza e León e de Castela e Toledo.

Sancha era filla de Afonso VIII de Galiza e León e da súa primeira esposa, a princesa portuguesa Tareixa Sanches, filla do rei Sancho I de Portugal. Dese casamento resultou tamén o nacemento de máis unha filla, Aldonza, e dun rapaz, Fernando (falecido en 1214), príncipe de Galiza e León, e quen tería sido herdeiro de Afonso VIII. Con todo, o matrimonio foi declarado inválido polo Papa, en virtude da consanguinidade dos esposos. Afonso VIII volveu casar, pola segunda vez, con Berenguela de Castela, da cal tivo, entre outros fillos, o futuro Fernando III de Castela. Tamén este casamento sería anulado.

Porén, en Castela, por morte de Henrique I, sucedeuno no trono a súa irmá Berenguela, a cal pronto abdicou en favor do fillo, Fernando III (1217). Afonso VIII, como rei consorte de Castela polo casamento con Berenguela, esixiu os dereitos de rei que Berenguela unilateralmente lle concedera ao seu fillo, provocando isto unha conflito bélico que finalmente remataría o 26 de agosto de 1218, nun pacto asinado en Toro, e no que pai e fillo selaban as paces definitivamente. Por ese pacto, prevíase que ambos os soberanos renunciarían perpetua e mutuamente á coroa do outro reino, así Afonso VIII abandonaba os seus dereitos como rei consorte de Castela, e Fernando III non podería reclamar o goberno dos reinos de Galiza e León.

Efectivamente, ao morrer (1230), Afonso VIII legou os reinos en testamento ás súas fillas Sancha II e Aldonza I. Non obstante aproveitando a febleza política do momento, e rompendo o tratado de Toro, Fernando III, instigado pola súa nai así como polos sectores aristocráticos do reino de Castela, decidiuse a usurpar os reinos de Galiza e León ás súas irmás, coa fin de incorporar os seus dominios. Tras un convulso momento bélico entre os leais a Aldonza e Sancha, e os seguidores de Fernando III, a maioría da aristocracia leonesa así coma o clero galego-leonés decantouse pola unión con Castela a cambio de terras e favores.

Baixo a ameaza de guerra e con defensores do rei castelán no propio reino, Fernando III conseguiu facer presión para que as dúas herdeiras do primeiro casamento do pai renunciasen ao trono no seu favor, en troco dunha significativa contía en diñeiro, foi o que se chamou o «Tratado das Tercerias». Desta forma uníronse durante un tempo e por primeira vez os reinos de Galiza e León con Castela e Toledo na persoa de Fernando III, pasando Castela a deter a hexemonía no conxunto dos reinos, e máis tarde motivado pola súa grande extensión acadada, na Península Ibérica.

Sancha fíxose entón monxa no mosteiro de Vilaboa do Bierzo, onde permaneceu até a fin da súa vida.

Xenealoxía

editar
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
16. Raimundo de Borgoña
 
 
 
 
 
 
 
8. Afonso VII o Emperador
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
17. Urraca de León
 
 
 
 
 
 
 
4. Fernando II de Galiza e León
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
18. Ramón Berenguer III de Barcelona (=28)
 
 
 
 
 
 
 
9. Berengaria de Barcelona
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
19. Doce da Provenza (=29)
 
 
 
 
 
 
 
2. Afonso VIII de Galiza e León
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
20. Henrique de Borgoña (=24)
 
 
 
 
 
 
 
10. Afonso I de Portugal (=12)
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
21. Tareixa de León (=25)
 
 
 
 
 
 
 
5. Urraca de Portugal
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
22. Amadeu III de Savoia (=26)
 
 
 
 
 
 
 
11. Mafalda de Savoia (=13)
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
23. Matilde de Albon (=27)
 
 
 
 
 
 
 
1. Sancha II de Galiza e León
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
24. Henrique de Borgoña (=20)
 
 
 
 
 
 
 
12. Afonso I de Portugal (=10)
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
25. Tareixa de León (=21)
 
 
 
 
 
 
 
6. Sancho I de Portugal
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
26. Amadeu III de Savoia (=22)
 
 
 
 
 
 
 
13. Mafalda de Savoia (=11)
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
27. Matilde de Albon (=23)
 
 
 
 
 
 
 
3. Tareixa de Portugal
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
28. Ramón Berenguer III de Barcelona (=18)
 
 
 
 
 
 
 
14. Ramón Berenguer IV de Barcelona
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
29. Doce da Provenza (=19)
 
 
 
 
 
 
 
7. Doce de Aragón
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
30. Ramiro II de Aragón
 
 
 
 
 
 
 
15. Petronila de Aragón
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
31. Inés de Poitou
 
 
 
 
 
 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
Sancha de Galicia e León
Nacemento: c. 1192 Falecemento: 1243


Títulos Reais
Precedido por
Afonso VIII


Raíña de Galiza
de iure
1230
(con Aldonza)
Sucedido  por
Fernando III
Raíña de León
de iure
1230
(con Aldonza)