Sancho I de Portugal
Sancho I de Portugal, nado o 11 de novembro de 1154 e finado o 26 de marzo de 1211, alcumado O Poboador (polo estímulo de apadriñar o poboamento dos territorios do país - destacando a fundación da cidade da Guarda, en 1199, e a concesión de cartas de foral en Beira e en Trás-os-Montes: Gouveia (1186), Covilhã (1186), Viseu (1187), Braganza (1187) etc, poboando así áreas remotas do reino, en particular con inmigrantes da Flandres e Borgoña.
Sancho I de Portugal | |
---|---|
![]() | |
Rei de Portugal | |
Período | 6 de decembro de 1185 - 26 de marzo de 1211 |
Antecesor | Afonso I de Portugal |
Sucesor | Afonso II de Portugal |
Datos persoais | |
Nacemento | 11 de novembro de 1154 |
Coímbra | |
Falecemento | 26 de marzo de 1211 e 26 de marzo de 1212 |
Coímbra | |
Pai | Afonso I de Portugal |
Nai | Mafalda de Savoia |
Cónxuxe | Dulce de Aragón |
Fillos | Tareixa de Portugal, raíña de León, Sancha de Portugal, Afonso II de Portugal, Pedro de Portugal, Fernando de Portugal, Branca de Portugal, Berengária de Portugal, rainha da Dinamarca, Mafalda de Portugal, Constança de Portugal I, Raimundo de Portugal, Rodrigo Sanches de Portugal, Gil Sanchez, Teresa Sanches de Portugal, Pedro Moniz, Martim Sanches de Portugal, Constança Sanches de Portugal e Urraca Sanches de Portugal |
Relixión | cristianismo |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Traxectoria editar
Cuarto fillo do monarca Afonso Henriques, foi bautizado co nome de Martiño (Martinho), por ter nacido no día do santo do mesmo nome, e non estaría preparado para reinar, non obstante, a morte do seu irmán, D. Henrique, cando contaba só tres anos de idade, levou á modificación da súa onomástica para un nome máis hispánico, quedando desde entón Sancho Afonso.
En 1170, Sancho foi armado cabaleiro polo seu pai logo despois do accidente de D. Afonso I en Badaxoz e tornouse o seu brazo dereito, tanto desde o punto de vista militar, tanto desde o punto de vista administrativo. Nestes primeiros tempos de Portugal como país independente, moitos eran os inimigos da coroa, a comezar polos reinos do seu curmán Afonso VII. Para alén do máis, a Igrexa Católica demoraba en consagrar a independencia de Portugal coa súa bendición. Para compensar estas fallas, Portugal buscou aliados dentro da Península Ibérica, en particular o reino de Aragón, que se converteu no primeiro país en recoñecer Portugal. O acordo firmado 1174 polo matrimonio de Sancho, entón príncipe herdeiro, coa infanta Dulce Berenguer, irmá máis nova do rei Afonso II de Aragón.
Reinado editar
Coa morte de Afonso I en 1185, Sancho I convértese no segundo rei de Portugal. Tendo Coímbra como centro do seu reino, Sancho deu por rematada a separación do Galicia e dedicouse a guerrear cos mouros localizados ao Sur, aproveitando o paso polo porto de Lisboa dos cruzados da terceira cruzada, na primavera de 1189, para conquistar Silves, un importante centro administrativo e económico do Sur, cunha poboación estimada en 20.000 persoas. Sancho ordenou a fortificación da cidade e construción do castelo que aínda hoxe pode ser admirado. A posesión de Silves foi efémera, xa que en 1190 Abu Yusuf Fatimí al-Mansur rodeou a cidade de Silves cun exército e con outro atacou Pino, que só puido resistir durante dez días, debido ao rei de León e Castela ameaza de novo o Norte.
Sancho I adicou moito do seu esforzo gobernativo á organización política, administrativa e económica do seu reino. Acumulou un tesouro real e incentivou a creación de industrias, así como a clase media de comerciantes e mercadores.
O rei é tamén recordado polo seu gusto polas artes e literatura, tendo deixado el mesmo varios volumes con poemas. Neste reinado sábese que algúns portugueses ían a universidades estranxeiras e que un grupo de xuristas coñecía o dereito que a ministra na Escola de Boloña. No ano 1192 concedeu ao mosteiro de Santa Cruz 400 morabitinos a que se mantivesen en Francia os monxes que alí quixesen estudar.
Rei de Portugal | ||
---|---|---|
Segue a: Afonso I de Portugal |
Sancho I de Portugal | Precede a: Afonso II de Portugal |
Dinastía de Borgoña |
Descendencia editar
Do seu casamento con Dulce de Aragón, tivo 11 fillos:
- Tareixa, infanta de Portugal (1176-1250), casou co rei Afonso IX
- Sancha, infanta de Portugal (ca. 1180-1229), abadesa do Lorvão
- Raimundo de Portugal (ca. 1180-1189)
- Constanza de Portugal (1182-1202)
- Afonso II de Portugal (1185-1233)
- Pedro, infante de Portugal (1187-1258), conde de Urgell polo casamento con Aurembiaix Armengel; foi Señor de Mallorca.
- Fernando, infante de Portugal (1188-1233), viviu no estranxeiro, casou con Xoana de Flandres
- Henrique de Portugal (1189-?)
- Branca, infanta de Portugal (1192-1240), Condesa de Guadalajara
- Berengária, infanta de Portugal (1194-1221), casada co rei Valdemar II de Dinamarca
- Mafalda, infanta de Portugal (ca. 1200-1257), casada co rei Henrique I de Castela, despois fundadora do mosteiro cisterciense de Arouca e a súa primeira abadesa.
Véxase tamén editar
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Sancho I de Portugal |