Tras os Montes e Alto Douro
Suxeriuse que "Tras os Montes" sexa fusionado con este artigo ou apartado (conversa). Para realizar a fusión dos artigos sigue estes pasos. |
Tras os Montes e Alto Douro, ortografado en portugués Trás-os-Montes e Alto Douro era unha antiga provincia portuguesa creada pola reforma administrativa de 1936, en conformidade coa Constitución portuguesa de 1933 (Estado Novo). As novas provincias da reforma baseábanse nun estudo xeográfico que identificaba 13 "rexións naturais" portuguesas. A rexión natural de Trás-os-Montes e a rexión natural do Alto Douro, foron agrupadas na provincia de Tras os Montes e Alto Douro. A provincia continuaba xeograficamente a antiga provincia de Tras os Montes, englobaba tamén algúns concellos da marxe esquerda do Douro.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Portugal | ||||
Capital | Vila Real | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 404.551 (2011) (33,67 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua portuguesa | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 12.016,78 km² | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
As provincias de 1936 non tiveron practicamente ningunha atribución, e desapareceron do vocabulario administrativo (aínda que non do vocabulario dos seus habitantes) coa entrada en vigor da Constitución de 1976[1]. Segundo a división en distritos, a antiga provincia quedaría distribuída nos distritos de Vila Real e Braganza.
A proposta de rexionalización suxeita a Referendo en 1998 (sendo rexeitada) prevía a creación da rexión de Tras os Montes, idéntica á provincia de 1936, coa excepción de incluír un concello máis (Mêda).
Territorio
editarA provincia de 1936 limitaba ao norte coa provincia de Ourense e ao leste coa provincia de Zamora, ao sur coa Beira Alta, e ao oeste coa provincia de Miño e a de Douro Litoral.
Estaba constituída por 31 concellos, integrando a totalidade do Distrito de Braganza e do de Vila Real e partes dos distritos da Guarda e de Viseu. Tiña a súa capital na cidade de Vila Real.
- Distrito de Braganza (12 concellos): Alfândega da Fé, Braganza, Carrazeda de Ansiães, Freixo de Espada à Cinta, Macedo de Cavaleiros, Miranda do Douro, Mirandela, Mogadouro, Torre de Moncorvo, Vila Flor, Vimioso, Vinhais.
- Distrito de Vila Real (14 concellos): Alijó, Boticas, Chaves, Mesão Frio, Mondim de Basto, Montalegre, Murça, Peso da Régua, Ribeira de Pena, Sabrosa, Santa Marta de Penaguião, Valpaços, Vila Pouca de Aguiar, Vila Real.
- Distrito de Viseu (4 de 24 concellos): Armamar, Lamego, São João da Pesqueira, Tabuaço.
- Distrito da Guarda (1 de 14 concellos): Vila Nova de Foz Côa.
Actualmente, o territorio da antiga provincia atópase totalmente integrado na Rexión Norte, repartíndose polas subrexións estatísticas do Alto Trás-os-Montes (totalidade), Douro (a maior parte, exceptuados os concellos de Moimenta da Beira, Penedono, Sernancelhe e Tarouca) e tamén parte do Támega (concellos de Mondim de Basto e Ribeira de Pena).
Notas
editar- ↑ Nuno Valério (coord.), idem, p. 29.