Tras os Montes

Tras os Montes, ortografado Trás-os-Montes en portugués, era unha das seis grandes divisións administrativas en que se organizaba o territorio de Portugal, desde o século XV. A división foi coñecida como comarca até o século XVI, pasando, a partir de aí, a ser coñecida por provincia, que en 1936 se denominaría Tras os Montes e Alto Douro.

As seis provincias portuguesas durante a Idade Media

HistoriaEditar

Tradicionalmente, o territorio de Tras os Montes limitaba ao norte con Galiza, ao leste co León, ao oeste co río Támega e ao sur co río Douro. Estes límites variaron lixeiramente, ao longo dos tempos.

O feito de ficar situadas estas terras alén dos montes galegos orixinou a denominación do territorio[1], dun xeito similar ao acontecido coa planicie leonesa que figura como "terra de fora" na documentación medieval[2].

Até o século XVII a Provincia de Tras os Montes constituía unha correxedoría, administrada por un correxedor - maxistrado con funcións xudiciais e administrativas. Paralelamente, en caso de guerra, a provincia tamén constituía a área de actuación dun fronteiro maior, comandante militar a quen era atribuído o comando operacional das tropas da provincia en campaña.

A partir do século XVII, a provincia pasou a ser dividida en varias correxedorías (tamén chamadas comarcas), cada unha co seu correxedor. A provincia pasou a ser soamente unha unidade estatística e unha rexión militar comandada por un gobernador das armas. No inicio do século XIX, Tras os Montes incluía as comarcas de Braganza, Miranda, Moncorvo, Vila Real. No interior do seu territorio estaba encravado o couto de Ervededo que dependía da comarca de Braga (provincia de Entre-Douro-e-Minho).

A Provincia de Trás-os-Montes mantívose na división administrativa de 1832. Nesa altura pasou a dispor de um prefecto - maxistrado que representaba o goberno central - e dunha xunta xeral de provincia - órgano autárquico, electo localmente. A provincia pasou a estar dividida nas comarcas de Braganza, Chaves, Moncorvo e Vila Real. As comarcas dispuña, cada unha dun subprefecto, que representaba o prefecto.

Pola reforma administrativa de 1835, Portugal foi dividido en distritos. A división en provincias mantívose, pero estas pasaron a ser meros agrupamentos de distritos para fins estatísticos e de referencia rexional, sen órganos propios. A Provincia de Tras os Montes pasou a agrupar os distritos de Braganza e de Vila Real.

ReferenciasEditar

  1. "O onomástico Trás-os-Montes - Ciberdúvidas da Língua Portuguesa". ciberduvidas.iscte-iul.pt (en portugués). Consultado o 2020-12-11. foram decerto os povos do Minho que deram o nome a Trás-os-Montes, pois esta província lhes fica para lá dos montes do Gerês, Cabreira, etc. Os Trasmontanos deviam naturalmente chamar à sua terra Aquém dos Montes; 
  2. López Teixeira, Xosé Antonio (2010). A formación do reino de Galiza (711-910). Toxos Outos. p. 136. A 'Terra de foris' era o espazo de expansión da monarquía galaica. A partir do século X conformou o chamado 'territorio legionense' 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar