Corrixidor

Un corrixidor era un funcionario real,[1] instituído en Castela por Henrique III ao redor de 1393, cuxa misión era representar á Coroa no ámbito municipal e controlar a vida municipal con amplas funcións administrativas e xudiciais.

Monumento en Calabazanos a Gómez Manrique, que foi nomeado en 1477 Corrixidor de Toledo polos Reis Católicos.

FunciónsEditar

As súas funcións eran varias: representar á monarquía a nivel local, xestionar o desenvolvemento económico e administrativo dos municipios, presidir os concellos,[1] dando validez ás súas decisións, ser xuíz en primeira ou segunda instancia etc. Desapareceron en 1833 ao instaurarse os Gobernadores políticos, no ámbito administrativo, e remodelarse o sistema xudicial.

Nas colonias americanas, particularmente en Chile, os corrixidores estampaban o seu cargo nos documentos e nas cerimonias, indicando as facultades investidas neles. De feito, unha fórmula recorrente era nomearse deste xeito: "Xustiza maior e lugartenente de capitán xeral", o cal significaba que nos territorios onde aqueles exercían o mando, tiñan plenos dereitos de administrar xustiza e comandar forzas militares.

Co a chegada dos Borbóns en España, a figura do corrixidor foi substituída por unha de máis amplas atribucións e prestixio: o intendente. No ámbito máis local entraron en funcións os subdelegados.

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 "Corrixidor". academia.gal. Consultado o 8 de decembro de 2021. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • González Alonso, Benjamín (1970). El corregidor castellano (1348-1808) (en castelán). Madrid: Instituto de Estudios Administrativos.