Distrito de Braganza
Braganza[1] (en portugués: Bragança) é un distrito do nordeste de Portugal, pertencente á provincia tradicional de Tras os Montes e Alto Douro. Limita ao norte coas provincias de Ourense e Zamora, ao leste coas provincias de Zamora e Salamanca, ao sur co distrito da Guarda e co distrito de Viseu, e ao oeste co distrito de Vila Real. Ten unha área de 6.608 km² (5º maior distrito portugués). Poboación residente (2001): 148.808 habitantes. Capital de distrito: Braganza.
TurismoEditar
O distrito de Braganza integra en pleno a Rexión de Turismo do Nordeste Transmontano
SubdivisónsEditar
O distrito de Braganza subdivídese nos seguintes 12 municipios:
- Alfândega da Fé
- Braganza
- Carrazeda de Ansiães
- Freixo de Espada à Cinta
- Macedo de Cavaleiros
- Miranda do Douro
- Mirandela
- Mogadouro
- Torre de Moncorvo
- Vila Flor
- Vimioso
- Vinhais
Na actual división principal do país, o distrito encóntrase integrado na Rexión Norte e dividido en dúas subrexións, ambas integrando tamén concellos doutros distritos: Alto Trás-os-Montes e Douro.
NotasEditar
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para bragancés.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Distrito de Braganza |