Tras os Montes e Alto Douro

antiga provincia de Portugal (1936-1976)

Tras os Montes e Alto Douro, ortografado en portugués Trás-os-Montes e Alto Douro era unha antiga provincia portuguesa creada pola reforma administrativa de 1936, en conformidade coa Constitución portuguesa de 1933 (Estado Novo). As novas provincias da reforma baseábanse nun estudo xeográfico que identificaba 13 "rexións naturais" portuguesas. A rexión natural de Trás-os-Montes e a rexión natural do Alto Douro, foron agrupadas na provincia de Tras os Montes e Alto Douro. A provincia continuaba xeograficamente a antiga provincia de Tras os Montes, englobaba tamén algúns concellos da marxe esquerda do Douro.

Antiga provincia de Tras os Montes e Alto Douro.

As provincias de 1936 non tiveron practicamente ningunha atribución, e desapareceron do vocabulario administrativo (aínda que non do vocabulario dos seus habitantes) coa entrada en vigor da Constitución de 1976[1]. Segundo a división en distritos, a antiga provincia quedaría distribuída nos distritos de Vila Real e Braganza.

A proposta de rexionalización suxeita a Referendo en 1998 (sendo rexeitada) prevía a creación da rexión de Tras os Montes, idéntica á provincia de 1936, coa excepción de incluír un concello máis (Mêda).

Territorio

editar

A provincia de 1936 limitaba ao norte coa provincia de Ourense e ao leste coa provincia de Zamora, ao sur coa Beira Alta, e ao oeste coa provincia de Miño e a de Douro Litoral.

Estaba constituída por 31 concellos, integrando a totalidade do Distrito de Braganza e do de Vila Real e partes dos distritos da Guarda e de Viseu. Tiña a súa capital na cidade de Vila Real.

Actualmente, o territorio da antiga provincia atópase totalmente integrado na Rexión Norte, repartíndose polas subrexións estatísticas do Alto Trás-os-Montes (totalidade), Douro (a maior parte, exceptuados os concellos de Moimenta da Beira, Penedono, Sernancelhe e Tarouca) e tamén parte do Támega (concellos de Mondim de Basto e Ribeira de Pena).

  1. Nuno Valério (coord.), idem, p. 29.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar