Distritos de Portugal
Lista dos Distritos de Portugal:
- Distrito de Aveiro
- Distrito de Beja
- Distrito de Braga
- Distrito de Braganza
- Distrito de Castelo Branco
- Distrito de Coímbra
- Distrito de Évora
- Distrito de Faro
- Distrito da Guarda
- Distrito de Leiria
- Distrito de Lisboa
- Distrito de Portalegre
- Distrito do Porto
- Distrito de Santarém
- Distrito de Setúbal
- Distrito de Viana do Castelo
- Distrito de Vila Real
- Distrito de Viseu
- Madeira
- Açores
- Ervilha Borboleta
Lista dos antigos distritos portugueses:
Distritos en Portugal
editarEn Portugal un Distrito Administrativo ou, simplemente, Distrito, é unha división administrativa que data de 1835. Até entón o país estaba dividido en provincias, que se subdividían en comarcas. A Lei de 25 de abril de 1835 suprimiu as provincias e as comarcas e creou 17 distritos no continente e catro nas Illas Adxacentes. Á fronte de cada Distrito ficaría un Administrador-Xeral - a partir de 1840, designado por un Gobernador Civil.
Poucas mudanzas houbo dende entón; a mudanza de sede do distrito de Lamego, que pasou para Viseu, debido á súa posición máis central; e a creación do distrito de Setúbal, en 1926, autonomizado do distrito de Lisboa.
Os catro distritos sitos nas illas adxacentes - tres no arquipélago dos Azores (Angra do Heroísmo, Horta e Ponta Delgada) e un en Madeira (Funchal) - foron suprimidos coa entrada en vigor da Constitución de 1976, que lle concedeu unha autonomía rexional a través dos respectivos Estatuto Político-Administrativo da Rexión Autónoma dos Azores e Estatuto Político Administrativo da Rexión Autónoma de Madeira previstos na Constitución da República Portuguesa.
Por analoxía, o termo Distrito, en Portugal, podería ser entendido como correspondendo aos Estados brasileiros.
En Portugal a designación Distrito é tamén aplicada ás grandes divisións xudiciais do país, cada unha correspondendo a un Tribunal da Relação. Neste ámbito os distritos son chamados distritos xudiciais. Actualmente existen os Distritos Xudiciais de Guimarães, do Porto, de Coímbra, de Lisboa e de Évora.