Distrito de Coímbra
O Distrito de Coímbra é un distrito portugués, pertencente na súa maior parte á provincia tradicional da Beira Litoral, aínda que varios concellos da súa parte leste se reparten entre as provincias da Beira Alta e da Beira Baixa. Limita ao norte co Distrito de Aveiro e o Distrito de Viseu, ao leste co Distrito da Guarda e o Distrito de Castelo Branco, ao sur co Distrito de Leiria e ao oeste co océano Atlántico. Abrangue unha área de 3947 km², sendo así o 12º maior distrito portugués. Conta cunha poboación residente de 436.056 habitantes (2006), e a súa capital é a cidade de Coímbra.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Portugal | ||||
Capital | Coímbra | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 133.724 (2018) (33,88 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 3.947 km² | ||||
Bañado por | Océano Atlántico | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | PT-06 | ||||
Subdivisións
editarO distrito de Coímbra subdivídese nos seguintes 17 concellos:
- Arganil
- Cantanhede
- Coímbra
- Condeixa-a-Nova
- Figueira da Foz
- Góis
- Lousã
- Mira
- Miranda do Corvo
- Montemor-o-Velho
- Oliveira do Hospital
- Pampilhosa da Serra
- Penacova
- Penela
- Soure
- Tábua
- Vila Nova de Poiares
Na división de Portugal en NUTS II, o distrito atópase integrado na Rexión Centro e dividido en dúas subrexións, unha das cales integra concellos pertencentes ao Distrito de Leiria: Baixo Mondego e Pinhal Interior Norte. En resumo:
Xeografía física
editarA principal característica xeográfica do distrito de Coímbra é o val do río Mondego, que domina a paisaxe en todo o occidente do distrito e constitúe, xunto cos vales de dous dos seus afluentes, o río Alva e o río Ceira, as principais características da zona oriental. O distrito divídese, pois, en dúas metades.
Pola metade occidental esténdese unha chaira costeira, atravesada ao sur polo curso inferior do Mondego. Esta área prolonga a chaira costeira do distrito de Aveiro e ten a maior altitude (non moito máis de 200 m) no Cabo Mondego, preto da Figueira da Foz. Na metade oriental, polo contrario, éntrase na serra. No noroeste desta área, o relevo aínda non é moi pronunciado, e soamente na Serra do Buçaco se acadan os 549 m de altitude. Máis ao sueste domina o sistema montañoso da serra da Estrela, onde a Serra da Lousã sobe até os 1205 m de altitude, e a Serra do Açor até os 1418 m. O distrito termina en plena vertente occidental da serra da Estrela, a pouco máis de 10 km das maiores altitudes do territorio continental portugués.
Como xa se viu, o río Mondego domina a hidrografía, correndo de nordeste a suroeste no curso superior e de leste a oeste no curso inferior, onde está rodeado de terreos asolagadizos. Todo o distrito está integrado na súa conca hidrográfica, agás o litoral norte e o extremo sueste, e todos os outros ríos principais son afluentes seus. O río Alva atravesa a zona oriental do distrito, de leste a oeste, ao igual que o río Ceira, un pouco máis ao sur. O río Corvo, á súa vez, flúe de sur a norte, indo desaugar no río Ceira moi preto de Coímbra, e o mesmo fan o río Soure e o río Carnide ao oeste. Todos estes ríos son afluentes da marxe esquerda do Mondego, que practicamente non ten afluentes na marxe dereita no distrito de Coímbra. A única excepción é un pequeno río que nace no Buçaco: o Botão. No sueste do distrito, o regato da Pampilhosa é afluente da marxe dereita do río Zêzere, e o seu val xa pertence á conca do Texo. O propio Zêzere serve de fronteira co distrito de Castelo Branco.
No Mondego existe un grande encoro, o encoro da Aguieira, que serve de fronteira co distrito de Viseu, e outro bastante máis pequeno, o encoro da Raiva. No Alva existe o encoro do Rei de Moinhos e o encoro de Fronhas. O Ceira é represado polo encoro do Alto de Ceira e polo encoro de Monte Redondo. Os outros encoros do distrito son o de Santa Luzia na ribeira da Pampilhosa e o do Cabril, no río Zêzere.
A costa é en xeral areosa e baixa, con excepción do Cabo Mondego. Ao norte esténdense dunas extensas, que se prolongan varios quilómetros para o interior, sementadas de pequenas lagoas. A porción máis ao norte do litoral do distrito, no concello de Mira, é xa unha parte afastada do sistema lagunar da ría de Aveiro, e case todo o noroeste do distrito pertence á conca hidrográfica ría de Aveiro - río Vouga.
Patrimonio
editar- Cidade de Coímbra, co seu Conxunto Histórico e Universidade Patrimonio da Humanidade
- Ruínas de Conímbriga
- Figueira da Foz e fortaleza de Buarcos
- Castelo de Montemor-o-Velho
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Distrito de Coímbra |