Baixo Mondego
O Baixo Mondego é unha subrexión estatística portuguesa que forma parte da Rexión Centro. A meirande parte dos concellos que a conforman pertencen ao Distrito de Coímbra, aínda que Mealhada pertence ao de Aveiro e Mortágua ao de Viseu. Limita ao norte coas subrexións de Baixo Vouga e Dão-Lafões, ao leste coa de Pinhal Interior Norte, ao sur coa de Pinhal Litoral, e ao oeste co Océano Atlántico. Abrangue unha superficie de 2 062 km² e conta cunha poboación de 332 306 habitantes (2011[1]).
Concellos editar
Comprende 10 concellos: