Aveiro é unha cidade portuguesa, capital do Distrito de Aveiro, na rexión Centro e subrexión do Baixo Vouga, situada a cerca de 58 km ao Norte de Coímbra. A cidade sitúase na desembocadura do río Vouga, que formará pouco despois a ría de Aveiro.

Brasón de Aveiro

É sede dun concello con 199,58 km² de área, subdividido en 10 freguesías e conta con 78 450 habitantes segundo o censo de 2011[1]; dos cales 37 120 son homes e 41 330 son mulleres. O municipio limita polo norte co concello de Murtosa, ao nordeste co de Albergaria-a-Velha, ao leste con Águeda, ao sur con Oliveira do Bairro, ao sueste con Vagos e con Ílhavo, e cunha faixa relativamente estreita de litoral no Océano Atlántico, polo Oeste.

É un municipio territorialmente descontinuo, visto que comprende algunhas illas na Ría de Aveiro, e unha porción da península costeira con case 25 km de extensión que pecha a ría polo Occidente.

PoboaciónEditar

Número de habitantes[1]
1864 1878 1890 1900 1911 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1991 2001 2011
19 296 20 332 22 719 24 919 27 802 27 521 31 644 35 303 40 187 46 055 49 808 60 284 66 444 73 335 78 450
  • No censo de 1864, a freguesía de Nariz, formaba parte do concello de Oliveira do Bairro; pasou a se incorporar ao de Aveiro por mor do decreto de 04/12/1872
  • Por mor do decreto de 13/01/1898 a freguesia de Ílhavo, que formaba parte do de Aveiro, pasou a crear o novo concello de Ílhavo.

Freguesías do concelloEditar

 
Mapa das freguesías de Aveiro.

O concello de Aveiro consta de 10 freguesías:

GaleríaEditar

NotasEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externas