Baixo Vouga
Localización de Baixo Vouga

Baixo Vouga é unha subrexión estatística portuguesa que forma parte da Rexión Centro. Os municipios que a forman pertencen ao Distrito de Aveiro. Limita ao norte coas subrexións do Grande Porto e Entre Douro e Vouga, ao leste coa de Dão-Lafões, ao sur coa de Baixo Mondego, e ao oeste co Océano Atlántico. Abrangue unha área de 1 802,3 km² e conta cunha poboación de 390 840 habitantes (2011[1]). A súa capital é Aveiro.

Concellos Editar

Comprende 11 concellos:

No Baixo Vouga localízanse 10 cidades: Albergaria-a-Velha, Águeda, Anadia, Aveiro, Esmoriz (municipio de Ovar), Estarreja, Gafanha da Nazaré (municipio de Ílhavo), Ílhavo, Oliveira do Bairro e Ovar.

Comprende a parte correspondente á boca da conca do Río Vouga.

Notas Editar