Entre Douro e Vouga
Entre Douro e Vouga é unha subrexión estatística portuguesa que forma parte da Rexión Norte e da Área Metropolitana do Porto; é coñecida tamén como "Terras de Santa Maria". Limita ao norte coas subrexión de Grande Porto e Támega, ao leste coa de Dão-Lafões, e ao sur e ao oeste coa de Baixo Vouga. Ten unha superficie total de 859 km² e unha poboación de 274.859 habitantes (2011[1]).
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Portugal | ||||
NUTS 1 (pt) | Portugal continental | ||||
Rexión | Rexión Norte | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 276.814 (2001) (322,25 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 859 km² | ||||
Código NUTS | PT116 | ||||
Concellos
editarComprende cinco concellos:
Poboación
editarA maior cidade da rexión de Entre Douro e Vouga é São João da Madeira con 21.713 habitantes (2011), mais cerca de metade dos habitantes da rexión viven no concello de Santa Maria da Feira, con 139.312 habitantes (INE, 2011).
Existem grandes diferenzas entre os municipios do Entre Douro e Vouga, correspondendo a área máis dinámica e industrial aos concelhos máis occidentais como o eixo urbano constituído por Santa Maria da Feira, Oliveira de Azeméis e São João da Madeira. Esta é, de facto, unha rexión cunha densidade de poboación elevada converxendo progresivamente nunha integración urbana cada vez máis efectiva. Como contraste hai concellos como Vale de Cambra e Arouca, cunha poboación máis dispersa, menores densidades de poboación e unha dinámica industrial menos evidente. A parte occidental rexistra grandes crecementos de poboación, mentres que o último sector rexistra pouca varición a nivel demográfico.
Existe unha grande interacción entre tódolos concellos da rexión, así como cos concellos de Vila Nova de Gaia, Porto e Espinho (todos eles do Grande Porto); e Ovar, Estarreja, Albergaria-a-Velha e Sever do Vouga (do Baixo Vouga).
Cidades do Entre Douro e Vouga
editar- São João da Madeira - 21.713 habitantes
- Santa Maria da Feira - 12.511 habitantes
- Oliveira de Azeméis - 12.204 habitantes
- Lourosa - 8.636 habitantes
- Fiães - 7.991 habitantes
- Vale de Cambra - 3.912 habitantes