Rexión Norte, Portugal
A Rexión Norte de Portugal é unha rexión que comprende os distritos de Viana do Castelo, Braga, Porto, Vila Real e Braganza, así como parte dos distritos de Aveiro, Viseu e Guarda.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Portugal | ||||
NUTS 1 (pt) | Portugal continental | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 4.196.354 (2007) (197,22 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 21.278 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Código NUTS | PT11 | ||||
Limita ao norte con Galiza, ao sur coa Rexión Centro de Portugal, ao leste con Castela e León e ao oeste co Atlántico. Ten unha extensión de 21.278 km² (un 24 % do Portugal Continental) e no 2007, na rexión habitaban 4.196.354 persoas (un 37 % do Portugal continental).
Historicamente formaba parte da Gallaecia sur, constituíndo gran parte do Convento Bracarense con sé na vila de Braga. Formou tamén parte do Antigo Reino de Galiza. Cultura, costumes e paisaxe son aínda comúns con Galicia.
Subrexións
editarComprende 8 subrexións estatísticas: Alto Trás-os-Montes, Ave, Cávado, Douro, Entre Douro e Vouga, Grande Porto, Minho-Lima e Támega
Composición territorial
editarA Rexión Norte comprende 86 concellos, un 27,8 % da totalidade do estado.