Montalegre
Coordenadas: 41°49′26″N 7°47′24″O / 41.82389, -7.79000
Montalegre é unha vila portuguesa no distrito de Vila Real, rexión Norte, subrrexión do Alto Trás-os-Montes, e comunidade intermunicipal do Alto Tâmega, cunha poboación de aproximadamente 1 800 habitantes.
Montalegre | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Localización | |||
País | Portugal | ||
Rexión | Norte | ||
Subrexión | Alto Trás-os-Montes | ||
Distrito | Vila Real | ||
Xeografía | |||
Superficie | 806,19 km² | ||
Demografía | |||
Poboación | 12.762 hab. (2001) | ||
Xentilicio | montalegrense | ||
Outros datos | |||
Código postal | 5470 Montalegre | ||
www.cm-montalegre.pt |
É sede dun concello arraiano de 806,19 km² e 12.762 habitantes (2001), subdividido en 36 freguesías. O concello linda ao norte cos concellos ourensáns de Lobios, Muíños, Calvos de Randín, Baltar, Cualedro e Oímbra (cos terreos do antigo Couto Mixto), ao leste con Chaves, ao sueste con Boticas, ao sur con Cabeceiras de Basto, ao suroeste con Vieira do Minho e ao oeste coas Terras de Bouro.
O concello forma, xunto con Boticas, a rexión das Terras do Barroso. O 26,26 % da superficie do concello forma parte do Parque Nacional de Peneda-Gerês, sendo con 211,74 km² os concello con máis territorio do parque.
Poboación do concello de Montalegre (1801–2004) | ||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1801 | 1849 | 1900 | 1930 | 1960 | 1981 | 1991 | 2001 | 2004 |
18.072 | 9.794 | 20.732 | 21.158 | 32.728 | 19.403 | 15.464 | 12.762 | 12.150 |
FreguesíasEditar
O concello está formado polas freguesías de Cabril, Cambeses do Rio, Cervos, Chã, Contim, Covelães, Covelo do Gerês, Donões, Ferral, Fervidelas, Fiães do Rio, Frades do Rio, Gralhas, Meixedo, Meixide, Montalegre, Morgade, Mourilhe, Negrões, Outeiro, Padornelos, Padroso, Paradela, Pitões das Júnias, Pondras, Reigoso, Salto, Santo André, Sarraquinhos, Sezelhe, Solveira, Tourém, Venda Nova, Viade de Baixo, Vila da Ponte e Vilar de Perdizes.
PatrimonioEditar
Galería de imaxesEditar
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Montalegre |
Outros artigosEditar
BibliografíaEditar
- BORRALHEIRO, Rogério: Montalegre - Memórias e História. Barrosana, E.M. Montalegre 2005.
Ligazóns externasEditar
- Observatorio de aves en Montalegre e na serra do Larouco.