A Raia é unha forma coloquial para denominar a fronteira terrestre entre España e Portugal. Dunha forma máis ampla, a raia é igualmente o espazo xeográfico, dun e doutro lado da fronteira política, onde as aldeas dos dous lados da raia comparten os mesmos elementos históricos, lingüísticos, culturais e económicos.

Puente Internacional 416.jpg

XeografíaEditar

A Raia ten unha lonxitude total de 1214 km, sendo a fronteira máis longa entre dous países da Unión Europea. De norte a sur, as provincias españolas que limitan con Portugal son Pontevedra, Ourense, Zamora, Salamanca, Cáceres, Badaxoz e Huelva. Os distritos portugueses que limitan con España son, de norte a sur, Viana do Castelo, Braga, Vila Real, Braganza, Guarda, Castelo Branco, Portalegre, Évora, Beja e Faro.

HistoriaEditar

 
Límites entre o Reino de Portugal e o Reino de León cara a 1210, durante o dominio almohade do sur da península.
 
Edificio da alfándega na Raia entre Galiza e Portugal, que deixou de ter uso en 1992 ao adoptarse o Acordo de Schengen.

A historia da raia comeza na época da Reconquista do occidente da península ibérica, no momento en que Portugal nace como reino independente en 1143, tras o Tratado de Zamora, independizándose do Reino de León.

Ambos os reinos iranse estendendo durante os seguintes anos cara ao sur, ao principio sen un establecemento claro dos límites entre as conquistas que correspondían a cada reino.

En 1267 Alfonso X de Castela e de León e Afonso III de Portugal asinan o Tratado de Badaxoz no que delimitan a fronteira entre ambos os reinos.

Tras un período pacífico de trinta anos, o rei Dionisio I de Portugal aproveita a debilidade da Coroa de Castela, obriga á rexente María de Molina a asinar o Tratado de Alcañices en 1297 tras o cal se delimitan as fronteiras entre os reinos de León e Portugal (onde se traspasou a localidade de Olivenza a dominio portugués). Esta situación foi consecuencia da debilidade cara a unha agresión externa e das tensións internas pola disputa co infante Xoán I de Galiza e León polo trono fronte ao seu sobriño Fernando IV.

A modificación máis controvertida da fronteira entre ambos os países ocorre tras a Guerra das Laranxas, no que polo Tratado de Badaxoz de 1801 España obtén "de facto" o territorio portugués de Olivenza, situación que o Estado de Portugal considera inválida. O seu argumento baséase na ratificación do tratado do Congreso de Viena por España o 7 de maio de 1817, onde establecía no seu artigo 105 que os reinos de España e Portugal debían reunirse canto antes para traspasar definitivamente o territorio de Olivenza a dominio portugués.

A situación especial do Couto Mixto resolveuse mediante o Tratado de Lisboa de 1864 (no cal non se expuxo a fronteira que comprendía ao por entón municipio de Olivenza e Táliga.

A situación na actualidade sobre a cuestión territorial dos municipios de Olivenza e Táliga segue presente na sociedade portuguesa (proba diso son os mapas xeográficos de Portugal que non sinalan como definida esta parte de fronteira), aínda que en menor grao.

Galería de imaxesEditar

Fronteira galego-portuguesa na desembocadura do río Miño, últ. terzo séc. XVIII. 
Fronteira galego-portuguesa entre Valença/Tui e Melgaço, últ. terzo séc. XVIII. 
Fronteira galego-portuguesa entre Castro Laboreiro e Montalegre, últ. terzo séc. XVIII. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Outros artigosEditar