Melgaço
Melgaço é un concello portugués no distrito de Viana do Castelo, rexión Norte e subrexión do Minho-Lima, fronteirizo con Galiza. En 2004 tiña 9.739 habitantes, 1.300 dos cales viven na vila que dá nome ao municipio.
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Portugal | |||
Distritos | Distrito de Viana do Castelo | |||
Contén a división administrativa | Alvaredo (pt) Castro Laboreiro e Lamas de Mouro (pt) Chaviães e Paços (pt) Cousso (pt) Cristóval Fiães (pt) Gave (pt) Paderne (pt) Parada do Monte e Cubalhão (pt) Penso (pt) Prado e Remoães (pt) São Paio (pt) Vila e Roussas (pt) | |||
Poboación | ||||
Poboación | 9.213 (2011) (38,67 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 238,25 km² | |||
Comparte fronteira con | ||||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 4960 | |||
Fuso horario | ||||
Outro | ||||
Irmandado con | ||||
Sitio web | cm-melgaco.pt |
O presidente da Cámara é, desde 2013, Manoel Batista.
Xeografía
editarTen 239,04 km², e está subdividido en 18 freguesías. Limitado ao norte e leste con Galiza, ao suroeste polo municipio de Arcos de Valdevez, e ao oeste por Monção. É o municipio máis setentrional de Portugal.
O punto máis elevado do concello é o Giestoso, de 1.335 metros de altitude, na freguesía de Castro Laboreiro.
Evolución demográfica
editarPoboación do concello de Melgaço (1801 – 2004) | ||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1801 | 1849 | 1900 | 1930 | 1960 | 1981 | 1991 | 2001 | 2004 |
5.141 | 7.960 | 15.558 | 15.759 | 18.211 | 13.246 | 11.018 | 9.996 | 9.739 |
Freguesías
editarO concello ten 18 freguesías, repartidas en dúas grandes áreas: 11 delas á beira do río Miño (Alvaredo, Chaviães, Cristóval, Paços, Paderne, Penso, Prado, Remoães, Roussas, São Paio e Vila) e 7 de montaña (Castro Laboreiro, Cousso, Cubalhão, Fiães, Gave, Lamas de Mouro e Parada do Monte).
Patrimonio
editarEn Melgaço existe toda unha tradición de contos e fábulas con criaturas fantásticas como Arganões e outros seres con poderes máxicos. Esta cultura popular foi transmitida oralmente ao longo de xeracións, estando actualmente en declive.
Hai uns 10 anos[cando?] foi descuberta no monte de Prado, proxectadas cara á encosta ribeireña (e case desapercibidas pola vexetación da zona) unha serie aínda non cuantificada de esculturas de monstros, similares ás proas dos barcos viquingos, que fixeron numerosas incursións na zona na Idade Media.
Entre as súas construcións destacan:
- Castelo de Melgaço: Mandado construír polo primeiro rei de Portugal, Don Henriques, en 1170 cun foro semellante ao de Ribadavia, sendo atacado no século XIII polas tropas do Reino de León.
- Igrexa Matriz de Melgaço. As súas últimas murallas datan da Guerra de restauración, foi declarado Monumento nacional en 1910.
- Castelo de Castro Laboreiro: Coñecido nos cronicóns como a fortaleza de San Rosendo de Celanova.
- Igrexa de Paderne
- Parque Termal do Peso: Predio e palacete modernista con augas mineromedicinais que competiu co veciño balneario de Cortegada(Ourense).
- Solar de Galvão
- Fonte de São João
- Igrexa da Misericórdia
- Igrexa de Fiães
- Museo do Cinema de Melgaço
- Igreja romãnica de Chaviães
- Cividade de Paderne: É un castro romanizado situado no monte "coto Grande", na freguesía de Paderne, concello de Melgaço. Atópase situado entre dous regatos, o Martingo e o Porto do Río. Malia os traballos agrícolas aínda son visibles valos e restos de muralla. Atopado por Leite de vasconcelos en 1903, descubriu tégulas, muíños romanos, ánforas, cerámica castrexa con decoración incisa e diversas pedras decoradas, entre as que destaca un zoomorfo de características semellantes a outro zoomorfo castrexo do castro da Ameixeira, (Crecente).
Cultura
editarEstá situado na fronteira entre Galiza e Portugal, polo que sempre tivo unha relación cultural intensa.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Melgaço |