Padrenda
Coordenadas: 42°8′22″N 8°9′30″O / 42.13944, -8.15833
Padrenda | |
---|---|
![]() | |
Casa do Concello de Padrenda. | |
Situación | |
Xentilicio[1] | padrendés |
Xeografía | |
Provincia | Provincia de Ourense |
Comarca | Comarca da Terra de Celanova |
Poboación | 1.759 hab. (2018) |
Área | 57,0 km² |
Densidade | 30,86 hab./km² |
Entidades de poboación | 99 entidades singulares repartidas en 6 parroquias |
Capital do concello | San Roque de Crespos |
Política (2019[2]) | |
Alcalde | Manuel Pérez Pereira (PPdeG[3]) |
Concelleiros | PPdeG: 6 PSdeG-PSOE: 3 |
Eleccións municipais en Padrenda | |
Uso do galego[4] (2011) | |
Galegofalantes | 75,38% |
Na rede | |
http://www.concellodepadrenda.com | |
Padrenda é un municipio pertencente á comarca da Terra de Celanova, ao oeste da provincia de Ourense, a 340 metros de altitude. Preto do Baixo Miño, o termo ten 57 km². Segundo o IGE no ano 2015 tiña 1.912 habitantes (2.530 en 2003).
PoboaciónEditar
Censo total | 1.912 (2015) |
---|---|
Menores de 15 anos | 132 (6.90 %) |
Entre 15 e 64 anos | 1.006 (52.62 %) |
Maiores de 65 anos | 774 (40.48 %) |
Evolución da poboación de Padrenda Fontes: INE e IGE. | |||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 |
4.142 | 4.038 | 4.887 | 5.041 | 2.479 | {{{13}}} | {{{14}}} | |||||||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
HistoriaEditar
Os restos de poboamentos humanos máis antigos do concello datan de hai 5.000 ou 4.000 anos, con diferentes asentamentos megalíticos con túmulos sepulcrais á beira do río Miño e nas mámoas da Bandexa.
Da alta idade media quedaron sepulcros baixo a praza de San Roque, en Crespos, e a toponimia de lugares como Desteriz ou Esmoriz, debidos seguramente a algún posuidor suevo.
Nos séculos XI e XII o mosteiro de Santa María de Fiães (pertencente ao concello portugués de Melgaço) dispuña de grandes terreos na zona, ben por doazóns, ben por adquisicións. Non documento de 1240 do Tombo do mosteiro dise:
O mosteiro de San Pedro de Ramirás no século XIII tamén quixo facer valer os seus dereitos sobre vellas posesións en Grixó e A Torre.
Desde finais do século XIV as terras pertenceron ó mosteiro de Celanova, que concedía foros ós veciños da localidade. Na parroquia de Monte Redondo existía un priorado Bernardo (da orde do Císter), como testemuñan varios documentos:
año de 1505 lugar da granja a Gonzalo en fuero...
en 1619 el monasterio de Celanova cede en foro a Antonio Alvarez da Granja, vecino de Monterredondo los bienes siguientes, casa, corral...
Segundo Manuel Murguía, o 12 de novembro de 1836 este convento de bernardos pasou a ser parroquial por Real Orde.
Xa na idade media estas terras eran paso común dos peregrinos portugueses que querían pasar por Ribadavia facendo o camiño de Santiago, a través dunha vía romana perpendicular á Vía XVIII por Pontedeva, Carreira e Ponte Barxas. Facendo esta ruta, a raíña Isabel de Portugal parou na capela de Santa Isabel (Lordelo).
Debido a este tráfico de peregrinos, no Condado creouse un Hospital de Peregrinos, do que aínda se conserva o seu Lauda con cruces ós dous lados. O Hospital pertencía aos Cabaleiros Templarios da orde de San Xoán de Xerusalén. No século XI e XII este territorio foi un lugar que afrontaba os ataques do reino de Portugal contra o reino de Galiza, sendo necesaria a protección dos peregrinos.
Este Hospital deixou o topónimo da freguesía de Santa María do Hospital do Condado, como se ve en varios foros antigos:
Así mesmo, hai constancia toponímica doutro hospital preto de Santa María de Vilar. Este hospital converteuse en cuartel militar durante a guerra civil española.
Durante a idade media construíronse outras fortalezas en Desteriz, O Castelo (Bandexa), ou Grixó (actualmente recuperada como casa de turismo rural) que aínda conserva unha torre, e que se documenta como levantada entre 1580 e 1660, durante a guerra da independencia portuguesa en tempos de Filipe II de España. Esta rede de fortalezas estaba comunicada pola Verea de Milmanda, con pontes e pontillóns coma a de Esmoriz, xa mencionada en foros cara 1620, ou a de Vos Liños. Esta Verea comunicaba co alcázar de Milmanda.
En 1545 houbo un preito entre o mosteiro de Celanova e Urraca de Moscoso sobre a xurisdición de Padrenda.
En 1487, constatado nun documento referente a unha visita pastoral, a antiga división eclesiástica repartíase entre Arcedianatos, Chantrías, sección á que pertencía Crespos ou A Torre, e como tal debían pagar Chantre e fregueses.
No século XVII, coa chegada do millo desde América, construíronse muíños en moitos dos ríos e regatos do concello, seguindo algún deles en funcionamento. Tamén nesa época se construíron bastantes hórreos.
No catastro de Ensenada, de mediados do século XVIII, sinálase o seguinte:
Este marqués tiña o dereito de Luctuosa. Percibía ademais dereitos de vasalaxe (190 reais de billón, e 18 reais e 17 marabedís por San Xoán). Tamén recibía o pago da Alcabala nova e o da Alcabala vella, que sufragaban ao devandito marqués de Malpica por concesión real, e que supoñía uns ingresos de 826 marabedís vellos ao ano.
Sinalaba tamén que debían pagar o décimo, a primicia e o de Pascua, nunha proporción considerablemente alta por froitos, colleita e gando.
A maioría das igrexas e templos foron construídas entre finais do século XVII e o XIX, substituíndo estes templos barrocos ós máis antigos, posiblemente de orixe románica.
A principios do século XIX as terras pertencían ós concellos da Torre e Desteriz, pertencentes ó partido xudicial de Bande. Unificáronse en 1836 baixo o nome de Padrenda, aínda que seguiu sendo coñecido polo nome de Milmanda.
Durante a guerra civil o concello foi lugar de paso cara Portugal. Por Ponte Barxas escaparon perseguidos como Desiderio Comesaña ou Ubaldo López. Logo da guerra civil esta terra coñeceu o contrabando (ou "Ramboya"), que posibilitou a supervivencia dos seus veciños ante a fame e a escaseza, a pesar do risco da presenza da Garda Civil, que non só requisaba o material, senón que chegaba a matar. Este contrabando levábase a cabo coa vila de Castro Laboreiro. Mostra del é o pasodoble "A Ramboya", que axiña foi coñecido polo sur de Galiza.
EconomíaEditar
No concello cultívase millo, patacas, árbores froiteiras e vides. Existe gando vacún e porcino. Hai unha canteira de granito e unha central hidroeléctrica na Frieira. Existen tamén manufacturas da madeira, habendo carballos, piñeiros e castiñeiros.
FestasEditar
- San Cibrao: Na aldea de Lavandeira, a festa na segunda quincena do mes de setembro.
- San Xoán de Crespos: a tradición é coller os carros de madeira da veciñanza e deixalos colgados do carballo situado na praza da aldea.
- Santa María Madalena: Na aldea de Freáns.
- A Asuncion en Monterredondo
TurismoEditar
Pódese gozar dunha viaxe en catamarán á beira do Miño, así como rafting e pontismo. Dentro da caza destacan a do coello e a do xabarín, e na pesca, a troita e a anguía.
No núcleo urbano atópase a igrexa de San Roque.
Galería de imaxesEditar
- Artigo principal: Galería de imaxes de Padrenda.
Vista de Ponte Barxas
ParroquiasEditar
Lugares de PadrendaEditar
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Padrenda vexa: Lugares de Padrenda.
NotasEditar
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Ministerio do Interior, Goberno de España (ed.). "Resultado eleccións 2019". Consultado o 10 de xuño de 2019.
- ↑ Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Padrenda". www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019.
- ↑ Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Padrenda |