Castro Laboreiro
Castro Laboreiro é unha freguesía portuguesa do concello de Melgaço situado entre a serra do Laboreiro, a serra da Peneda e a serra de Queguas; a unha altura media duns 1.000 m de altitude. A pesar de ser a freguesía máis extensa de Melgaço, con 89,29 km², só ten unha poboación duns 726 habitantes segundo o censo do 2001, quedando deste xeito cunha densidade de poboación moi baixa, arredor dos 8,1 hab./km².
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Portugal | ||||
Distritos | Distrito de Viana do Castelo | ||||
Concello | Melgaço | ||||
Freguesía | Castro Laboreiro e Lamas de Mouro (pt) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 89,29 km² | ||||
Foi vila e sede de concello entre 1271 e 1855. Estaba constituído soamente pola freguesía da sede e tiña, en 1801, 1284 habitantes e, en 1849, 1512 habitantes.
A freguesía atópase dentro do Parque Nacional de Peneda-Gerês, nun enclave illado, rodeado por serras que acadan os 1340 m de altitude no Gestoso. Preto deste cumio nace o río Castro Laboreiro ou Barcia que forma un val longo arredor do cal se distribúen os núcleos de poboación, e que serve de fronteira durante un longo tramo duns 15 km con Galiza ata desembocar no encoro de Lindoso.
Patrimonio
editar- Castelo de Castro Laboreiro (séc. XII)
- Ponte Celta dos Portos
- Ponte de Dorna
- Ponte da Capela
- Ponte de Varziela
- Ponte das Caínheiras
- Ponte das Veigas
- Ponte Nova da Cava da Velha
- Ponte Velha
- Ponte do Rudeiro
- Pelourinho de Castro Laboreiro (1560)
- muíños
- fornos comunitarios
- espigueiros
- Igrexa de Santa Maria da Visitação ou Igrexa Matriz de Castro Laboreiro
- Ponte de Assureira ou Ponte de São Brás, Capela de São Brás.
Festas e romarías
editar- Señora da Visitação e S. Bento (13 de xullo)
- Señora dos Remédios (agosto)
- Santa Isabel-Senhora da Visitação (Vila; primeiro domingo de xullo)
- Cantigueiro
Notas
editar- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 88. No orixinal: casaréime. Refírese a Castro Leboreiro, xa en Portugal; Recarei é lugar da parroquia e concello de Bande.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 111. Xendive é lugar de San Salvador de Torno, no concello de Lobios.
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Castro Laboreiro |