Quintela de Leirado

concello da comarca de Terra de Celanova, na provincia de Ourense

Coordenadas: 42°8′18″N 8°6′8″O / 42.13833, -8.10222

Quintela de Leirado é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Terra de Celanova. Segundo o Padrón Municipal, no ano 2014 tiña 651 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é quintelán.

Quintela de Leirado
Escudo de Quintela de Leirado
Concello de Quintela de Leirado.JPG
Casa do Concello de Quintela de Leirado.
Situacion Quintela de Leirado.PNG
Situación
Xentilicio[1]quintelán
Xeografía
ProvinciaProvincia de Ourense
ComarcaComarca da Terra de Celanova
Poboación626 hab. (2022)[2][3]
Área31,3 km²[3]
Densidade20 hab./km²
Entidades de poboación5 parroquias[4]
Capital do concelloLeirado
Política (2019[5])
AlcaldeJosé Antonio Pérez Cortés (PPdeG[6])
Concelleiros
PPdeG: 7

Eleccións municipais en Quintela de Leirado
Uso do galego[7] (2011)
Galegofalantes66,67%
Na rede
http://www.quinteladeleirado.es/
editar datos en Wikidata ]

PoboaciónEditar

Censo total 651 (2014)
Menores de 15 anos 31 (4.76%)
Entre 15 e 64 anos 303 (46.54%)
Maiores de 65 anos 317 (48.69%)
Evolución da poboación de Quintela de Leirado   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021
2.351 2.242 1.987 1.463 831 751 {{{13}}} {{{14}}} {{{15}}} {{{16}}} {{{17}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Conta con cinco parroquias e 30 entidades de poboación. Atópase a 50 km da capital provincial.

XeografíaEditar

Atópase no val do río Deva. Ten unha orografía accidentada, cunha elevada altitude media. Ó sur ten alturas superiores ós 1.000 metros nos contrafortes da serra de Leboreiro en cumios como o Penagache (1.213 metros), os Aguillóns, ou Castelo, de aspecto agreste e fortes pendentes. Ó noroeste localízanse cotos e cerros de cumios e chás de entre 700 e 900 metros de altitude, como o coto de Silva Escura ou o coto da Moura.

O río Deva, afluente do Miño, nace ó pé da serra de Penagache, en Arrotea, a 1.000 metros de altura. Posúe un trazo sinuoso con fortes pendentes, regando toda a zona.

HistoriaEditar

Os primeiros poboadores foron os Coelernos, supostos habitantes do castro de Redemuíños, castro que foi romanizado.

Na idade Media a parroquia de Leirado estivo supeditada á xurisdición eclesiástica do mosteiro de San Pedro de Ramirás, mentres que as de Santa María de Leirado e Redemuíños pertencían ó señorío do marqués de Malpica.

A proclamación da Constitución de 1812 supuxo a abolición do réxime señorial e a súa substitución por unha administración municipal do territorio. Daquela creouse o concello de Redemuíños[8].

Este concello pertencía ó partido xudicial de Celanova, e que figura nos repartimentos que a deputación de Galicia, entón única, fai para distribuírlle entre os concellos, a quinta ou as contribucións. O concello de Riomuiños, aparece no repartimento de quintas que fai a dita deputación de Galicia o 7 de xullo de 1821 coa obriga de entregar 2 homes e cuarto. No repartimento da contribución territorial do 13 de setembro de 1821, coa cota de 15.408 rs. 23 ms; e no da contribución de consumos que fai a mesma deputación de Galicia o 2 de outubro de 1821, coa de 11.030 rs. 17ms[9].

A derrogación da Constitución por Fernando VII en 1823 supuxo a supresión destes municipios e a restauración do réxime señorial. A configuración parroquial modificouse en 1836 ó crearse a parroquia de Quintela de Leirado, completándose en 1893 coa de Xacebáns.

Patrimonio artísticoEditar

O concello conta cun amplo número de igrexas parroquiais e pequenas capelas, que se localizan ó longo de todo o territorio. A igrexa de San Pedro de Leirado é de estilo barroco, construída entre 1600 e 1701, e que formou parte dos mosteiros de Celanova e de Ramirás[8]. Tamén en Leirado está a capela da Virxe dos Remedios, unha igrexa rural pertencente ó século XVII, que ten no interior un retablo renacentista de tipo mariano. En Redemuíños localízase o templo de San Salvador, cun retablo barroco[8].

Entre a arquitectura civil destaca o Pazo de Pedra en Leirado.

ComunicaciónsEditar

A vía de comunicación máis importante é a estrada OU-531, que une as vilas de Celanova e Cortegada, que inda que non atravesa o concello, serve de enlace cunha local que cruza o concello pola súa parte central.

Festas e tradiciónsEditar

Quintela de Leirado conserva as festas patronais de cada parroquia, entre elas a do Santo Cristo en Redemuíños o primeiro domingo de maio; a de Santa Isabel en Mociños o primeiro domingo de xullo; a do Apóstolo Santiago en Xacebáns o 25 de xullo; a de San Pedro de Leirado o 29 de xullo; a da Virxe do Carme en Quintela de Leirado o primeiro domingo de setembro e a dos Remedios en Leirado o 8 de setembro[8].

Quintela na literatura popularEditar

  • Os probes non o ten/ i os ricos non o dan;/ quen queira sentar plaza/ saia ao Cruceiro de Erbán [10].

Galería de imaxesEditar

ParroquiasEditar

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Quintela de Leirado

Leirado (San Pedro) | Mociños (Santa María) | Quintela de Leirado (San Paulo) | Redemuíños (San Salvador) | Xacebáns (Santiago)

Lugares de Quintela de LeiradoEditar

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Quintela de Leirado vexa lugares de Quintela de Leirado.

NotasEditar

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020. (en castelán).
  3. 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2022) "Quintela de Leirado".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
  4. Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
  5. Ministerio do Interior, Goberno de España (ed.). "Resultado eleccións 2019". Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2019. Consultado o 10 de xuño de 2019. 
  6. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Quintela de Leirado". www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019. 
  7. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014. Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google 
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada. XXXVII. Ed. El Progreso. 2005. pp. 190–192. ISBN 84-87804-39-X. 
  9. "Quintela de Leirado". 2013. Consultado o 13/08/2020. 
  10. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 126. Xaquín Lorenzo di que se trata dun cruceiro preto de Quintela de Leirado, sen dar máis datos. No Nomenclátor non se recolle ningún Erbán (nin Herbán) en toda Galicia.

Véxase taménEditar