Gomesende

concello da comarca de Terra de Celanova, na provincia de Ourense

Gomesende é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Terra de Celanova. Segundo o padrón municipal, en 2015 tiña 829 habitantes (1105 en 2003).

Gomesende
Bandeira de Gomesende
Escudo de Gomesende
Casa do Concello de Gomesende.
Situación
Xentilicio[1]gomesendés (non oficial)
Xeografía
ProvinciaProvincia de Ourense
ComarcaComarca da Terra de Celanova
Poboación667 hab. (2023)[2][3]
Área28,3 km²[3]
Densidade23,57 hab./km²
Entidades de poboación6 parroquias[4]
Capital do concelloSobrado
Política (2019[5])
AlcaldesaPura Rodríguez Álvarez (PPdeG[6])
Concelleiros
PPdeG: 5
PSdeG-PSOE: 1
Outros: AEIG: 1
Eleccións municipais en Gomesende
Uso do galego[7] (2011)
Galegofalantes91,98%
Na rede
http://www.gomesende.es/
editar datos en Wikidata ]

Demografía editar

Censo total 829 (2015)
Menores de 15 anos 32 (3,86 %)
Entre 15 e 64 anos 385 (46,44 %)
Maiores de 65 anos 412 (49,7 %)
Evolución da poboación de Gomesende   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
3569 3187 3255 2365 1118 968 {{{13}}} {{{14}}} {{{15}}} {{{16}}} {{{17}}} {{{18}}} {{{19}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía editar

O concello, de 28,3 km², pertence á comarca da Terra de Celanova. Limita ao norte con Cartelle, ao sur con Quintela de Leirado, ao leste con Ramirás e ao oeste coa Arnoia, Cortegada e Pontedeva.

Está atravesado polo río Arnoia, o Deva e o río de San Francisco. Os maiores cumios son o Marco das Cruces (869 m, pertencente á serra da Moura) e os montes do Viso e Silva Escura (600–700 m, pertencentes á serra do Laboreiro).

Historia editar

O topónimo Gomesende é de orixe xermánica[8].

Durante a idade media o mosteiro de Celanova tiña xurisdición na parroquia de San Lourenzo de Fustáns. As demais parroquias formaban parte dun señorío real, se ben a Herdade de San Miguel de Gomesende foi doada en 1214 por Afonso IX á catedral de Ourense. Posteriormente, algunhas terras volveron a mans de nobres. Os Puga tiñan padroado da igrexa de Poulo (onde se conservan escudos e unha tumba desta liñaxe) e das parroquias de Meréns e Louredo (Cortegada).

As terras estaban cruzadas polo camiño real que ía desde Pontevedra a Celanova pasando pola Arnoia, por onde ía o viño do Ribeiro para embarcalo.

Patrimonio editar

O Santuario da Nosa Señora da Guía é un templo de arquitectura neoclásica. Ten unha fachada de retablo, cun frontón con volutas inversas nos extremos rematadas con pináculos de bólas. Ten un primeiro corpo con dous vaos coas campás, rematado no centro cun corpo dun só vao coroado cunha cruz. No lado leste ten ábsidas rectangulares, coroadas por pináculos terminados en bólas, e unha fiestra cadrada tapada no interior por retablos. Este santuario ten importancia como centro mariano de peregrinación.

O Santuario da Nosa Señora do Val de Poulo é outro centro de peregrinación mariana, que antigamente tiña máis importancia có anterior. Está situado no monte. É de arquitectura barroca, se ben non se chegou a rematar o proxecto orixinal, que incluía un cenobio dependente da igrexa parroquial, e quedaron baixos os muros de peche. Ten un dobre ciborrio octogonal anterior e posterior, destacando en altura. A carón deste templo había unha antiga capela, conservándose restos de muros derrubados e fontes de baños ó redor do templo vello.

Outros templos barrocos son as igrexas do Pao, Poulo e Fustáns. Hai outra ermida en Santiago de Viñal (O Pao).

Existen casas señoriais en Guielas e A Pombiña (O Pao) e a de Pumar (Sobrado, Poulo).

 
Centro de saúde.

Gomesende conta con parte da ruta homologada de sendeirismo PR-G 143 "Roteiro do río Arnoia". É unha ruta lineal duns 11 km con inicio/fin no Santuario da Nosa Señora do Val (Gomesende) e fin/inicio en Escudeiros (Ramirás).

Parroquias editar

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Gomesende

A Guía (Santa María) | O Pao (Santa María) | Penosiños (San Salvador) | Poulo (San Pedro) | San Lourenzo de Fustáns (San Lourenzo) | O Val (Santa María)

Lugares de Gomesende editar

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Gomesende vexa: Lugares de Gomesende.

Notas editar

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020. (en castelán).
  3. 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2023) "Gomesende".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
  4. Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
  5. Ministerio do Interior, Goberno de España (ed.). "Resultado eleccións 2019". Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2019. Consultado o 9 de xuño 2019. 
  6. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Gomesende". www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019. 
  7. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014. Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google 
  8. Cabeza Quiles, F.: Os nomes de lugar, p. 286. Ed. Xerais, Vigo 1992.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar