San Lourenzo de Fustáns, Gomesende

parroquia civil do concello de Gomesende

San Lourenzo de Fustáns é unha parroquia do concello ourensán de Gomesende[2], situado na comarca da Terra de Celanova. Segundo o IGE, en 2018 tiña 177 habitantes (88 homes e 89 mulleres), 56 menos que no 2007.

San Lourenzo de Fustáns
Igrexa parroquial.
ConcelloGomesende[1]
ProvinciaOurense
Coordenadas42°11′25″N 8°06′47″O / 42.19022657, -8.11300456
Poboación177 hab. (2018)
Entidades de poboación17[1]
editar datos en Wikidata ]

Demografía

editar

A parroquia conta con dezasete núcleos territoriais que son: Agrufeixe, As Barreiras, Casaldrigo, A Casanova, Cimadevila, Dornelas, Fustáns, Garabelos, A Granxa, A Legumieira, A Ocella, Os Outeriños, Redondallo, As Regas, A Trigueira, A Veiga e Vilacova. Así a todo, as zonas nas que se concentra a meirande parte da poboación da parroquia son as aldeas de Fustáns (58 habitantes), Garabelos (35 habitantes), Dornelas (31 habitantes) e A Casanova (15 habitantes). Pola contra, Redondallo e a Legumieira son pequenos núcleos nos que non reside ninguén.[3]

O declive demográfico debeuse á emigración cara ás cidades de Vigo e Ourense en busca de oportunidades laborais como consecuencia da pouca industria da zona.[Cómpre referencia] Ademais, hai que destacar a condición minifundista do sector agrario existente no lugar.[Cómpre referencia]

Situación xeográfica

editar

Conecta coa capital da provincia, situada a 44 km, a través das estradas nacionais OU-540 e OU-531, que serve como enlace coa vila de Celanova, da que dista 24 km e coa pequena vila termal de Cortegada, situada a 7,7 km da parroquia. A autovía A-52 e as estradas PO-406 e OU-531 conectan con Vigo, a 71,7 km. A fronteira con Portugal encóntrase a 17 km da parroquia.

Patrimonio

editar
 
Igrexa parroquial en honra a San Lourenzo.
 
Souto dos arredores da capela de Santo Antonio.
 
Santo Antonio, A Casanova.
 
Capela da Nosa Señora da Magdalena.

O 7 de abril de 1045, Rodrigo Gutiérrez doou a parroquia ás terras de Celanova.[4] A capela de Santo Antonio sitúase na pequena aldea da Casanova, a carón da estrada OU-212. O couto conta cun espazo de mesas de pedra baixo unha carballeira, que durante a romaría do patrón (13 de xuño), adoita ser usada como punto de descanso. A igrexa parroquial de San Lourenzo está en Dornelas, e data do século XVIII, concretamente a súa construción comezou en 1717. A actividade foi patrocinada por señores feudais, laicos e relixiosos.[Cómpre referencia]

Asemade, na aldea de Garabelos encóntrase a pequena capela da Nosa Señora da Magdalena (1737), que garda un estreito parecido coa igrexa parroquial, xa que ambos os templos son barrocos e foron construídos pola mesma persoa.[Cómpre referencia]

Festas

editar

Os dous festivos locais da parroquia son o 13 de xuño (Santo Antonio) e 10 de agosto (San Lourenzo).

Galería de imaxes

editar

Lugares e parroquias

editar

Lugares de San Lourenzo de Fustáns

editar
Lugares da parroquia de San Lourenzo de Fustáns no concello de Gomesende (Ourense)

Agrufeixe | As Barreiras | Casaldrigo | A Casanova | Cimadevila | Dornelas | Fustáns | Garabelos | A Granxa | A Legumieira | A Ocella | Os Outeiriños | Redondallo | As Regas | A Trigueira | A Veiga | Vilacova


Parroquias de Gomesende

editar
Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Gomesende

A Guía (Santa María) | O Pao (Santa María) | Penosiños (San Salvador) | Poulo (San Pedro) | San Lourenzo de Fustáns (San Lourenzo) | O Val (Santa María)

  1. 1,0 1,1 Decreto 332/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da Provincia de Orense.
  2. "Inicio". www.gomesende.es. Arquivado dende o orixinal o 20 de abril de 2019. Consultado o 2019-04-20. 
  3. "Nomenclátor estatístico de Galicia". www.ige.eu. Arquivado dende o orixinal o 07 de febreiro de 2021. Consultado o 2019-04-20. 
  4. "Historia". www.gomesende.es. Arquivado dende o orixinal o 06 de maio de 2019. Consultado o 2019-05-06. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar