Río Arnoia
O río Arnoia é un afluente do Miño pola banda esquerda. A súa lonxitude é de 84,5 quilómetros, o que o converte no río máis longo da provincia de Ourense. Un seu homónimo é o portugués río Arnoia, de feito o nome de Arnoia é un hidronímico común en Europa, en linguas prerromanas.
Río Arnoia | |
---|---|
País | ![]() |
Nacemento | Serra de San Mamede |
Lonxitude | 84,5 km |
Desembocadura | Río Miño |
Toponimia Editar
Coa mesma raíz que o río Arnego, procede dunha raíz hidronímica celto-indoeuropea er-, or- co significado de excitar, pór en movemento[1].
Curso Editar
Fontes Editar
Nace no concello de Vilar de Barrio, a partir da confluencia de varios regos da serra de San Mamede.
Percorrido Editar
Baña os concellos de Vilar de Barrio, Baños de Molgas, Xunqueira de Ambía, Allariz, A Merca e Celanova. Logo segue marcando o límite entre os concellos de Ramirás e Gomesende (no norte) e Cartelle e Cortegada (no sur) a través dun canón que antes de chegar ó concello da Arnoia forma un canón cunha pendente de 300 metros durante sete quilómetros, entre penedías e fragas. Finalmente, chega ao concello da Arnoia onde desemboca no Río Miño no lugar de Portocarreiro fronte a un pequeno illote granítico. No concello da Arnoia o río conforma dous vales unidos, o val de San Vicente (O Rial, O Outeiro, Remuiño, O Pomar, A Ponte, Carnós) e o val de San Amaro (Os Chaos, A Laxa, Quinteiros, A Paixón, Bacelo e Outeiro Cruz).
Afluentes Editar
Os principais tributarios do Arnoia son o Maceda, o Ambía e o Ourille e outros pequenos regatos ao longo do camiño.
Galería de imaxes Editar
- Artigo principal: Galería de imaxes do río Arnoia.
-
Acea en Allariz
-
Río Arnoia ó seu paso por Allariz
-
-
Río Arnoia ó seu paso por Allariz
Notas Editar
- ↑ Moralejo Laso, A.. Notas acerca de hidronimia gallega. Universidade de Santiago de Compostela.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |