Quintela de Leirado, Quintela de Leirado

parroquia civil do concello de Quintela de Leirado

San Paulo de Quintela de Leirado é unha parroquia do concello de Quintela de Leirado na comarca da Terra de Celanova, na provincia de Ourense. Constituíse no ano 1836.[2] No ano 2019 tiña 149 habitantes, 66 homes e 83 mulleres.[3]

Quintela de Leirado
Igrexa de Quintela de Leirado.jpg
Igrexa de Quintela de Leirado
ConcelloQuintela de Leirado[1]
ProvinciaOurense
Coordenadas42°08′20″N 8°06′07″O / 42.13897222, -8.10202778Coordenadas: 42°08′20″N 8°06′07″O / 42.13897222, -8.10202778
Poboación145 hab. (2017)
Entidades de poboación1[1]
editar datos en Wikidata ]

HistoriaEditar

En 1893 creouse a parroquia, ao se segregar da de Leirado.[4]

PatrimonioEditar

A igrexa de San Paulo foi construída entre finais do século XVIII e principios do século XIX.[5] Conta cun retablo en pedra coas imaxes de San Xacinto e Santo Antonio.[2] A Virxe do Carme ten unha capela propia próxima á igrexa.[2]

FestasEditar

Esta parroquia é a única dedicada a San Paulo en Galicia.[6] En 1908 celebrouse na igrexa de San Paulo o primeiro ano xubilar[Cómpre referencia] e de novo en xaneiro do 2009, coa convocatoria dun novo ano xubilar conmemorando o bimilenario do nacemento do apóstolo.[7][8] Na actualidade a festa do Carmen ten dúas festas, unha o 16 de xullo e outra o primeiro domingo de setembro.[9] Nesta festa celébrase unha procesión nocturna con farois.

Lugares e parroquiasEditar

Lugares de Quintela de LeiradoEditar

Lugares da parroquia de Quintela de Leirado no concello de Quintela de Leirado (Ourense)

Quintela de Leirado

Parroquias de Quintela de LeiradoEditar

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Quintela de Leirado

Leirado (San Pedro) | Mociños (Santa María) | Quintela de Leirado (San Paulo) | Redemuíños (San Salvador) | Xacebáns (Santiago)

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 Decreto 332/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da Provincia de Orense.
  2. 2,0 2,1 2,2 "Historia, patrimonio, arquitectura y recursos turísticos de Quintela de Leirado". www.terradecelanova.es. Consultado o 5 de abril de 2020. 
  3. "Datos para Quintela de Leirado (San Paulo)". Nomenclator estatístico de Galicia. 2019. Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 5 de abril de 2020. 
  4. "Quintela de Leirado". Concello de Quintela de Leirado. 
  5. "IGLESIA DE SAN PABLO Quinteladeleirado.es". www.quinteladeleirado.es. Consultado o 5 de abril de 2020. 
  6. "Nomenclátor - Xunta de Galicia". www.xunta.gal. Consultado o 5 de abril de 2020. 
  7. "Quintela de Leirado en el camino de Damasco". La Voz de Galicia (en castelán). 2009-01-25. Consultado o 5 de abril de 2020. 
  8. Benedicto XVI. "28 de junio de 2007: Primeras Vísperas de la solemnidad de San Pedro y San Pablo". www.vatican.va. Consultado o 5 de abril de 2020. 
  9. Concello de Quintela de Leirado. "Festas". www.quinteladeleirado.es. Consultado o 5 de abril de 2020. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar