Abrir o menú principal

Coordenadas: 42°06′28.7″N 8°04′44.5″O / 42.107972, -8.079028

Xacebáns
Vista de Xacebáns, Quintela de Leirado.jpg
Vista de Xacebáns.
ConcelloQuintela de Leirado
Poboación77 hab. (2017)
Entidades de poboación2

Santiago de Xacebáns é unha parroquia do concello ourensán de Quintela de Leirado, na comarca da Terra de Celanova. No ano 2007 tiña 91 habitantes (43 homes e 48 mulleres).

XeografíaEditar

Está situada a beira do monte de Panagache (1213 m). Dentro do Parque Nacional de Peneda-Gerês, constitúe un marco incomparable de natureza, fauna e diversidade. Existe unha ruta de sendeirismo que chega ata a vila portuguesa de Castro Laboreiro. Por esta parroquia transcorre o río Deva, que nace na serra de Leboreiro e que se une o río Miño na Frieira.

PatrimonioEditar

 
Igrexa parroquial.

Na parroquia atópase unha pequena capela de estilo románico (Santiago de Xacebáns) e mais uns cruceiros de pedra de principios do século XIX, que van desde a igrexa ata a fonte (antigo lavadoiro).

Existe tamén un forno antigo, onde se cocía o pan antigamente, hoxe rehabilitado como local social.

Lugares e parroquiasEditar

Véxase taménEditar