Sabela de Portugal, emperatriz do Sacro Imperio Romano-Xermánico

política española

Sabela de Portugal, nada en Lisboa o 24 de outubro de 1503 e finada en Toledo o 1 de maio de 1539,[1] foi filla do rei Manuel I e da raíña María de Aragón. Alcumabana "belísima", como proba o retrato pintado por Tiziano. Morreu de sobreparto, no Palacio de Fuensalida, en Toledo, estando sepultada no Panteón do Escorial.

Infotaula de personaSabela de Portugal, emperatriz do Sacro Imperio Romano-Xermánico

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(pt) Isabel de Portugal Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(pt) Isabel de Avis Editar o valor em Wikidata
24 de outubro de 1503 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Lisboa, Portugal Editar o valor em Wikidata
Morte1 de maio de 1539 Editar o valor em Wikidata (35 anos)
Toledo Editar o valor em Wikidata
Causa da mortepneumonía Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCripta Real do Mosteiro do Escorial Editar o valor em Wikidata
Emperatriz do Sacro Imperio Romano Xermánico
1530 – 1539
← Branca Maria Sforza (pt) TraducirAna da Hungria (pt) Traducir →
Raíña consorte de España
1526 – 1539
← Xoana de PortugalXoana de Portugal, Xermana de Foix → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeCasa dos Austria
Reino de Portugal Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua portuguesa, lingua castelá e lingua latina Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloDuquesa de Borgoña
Raíña consorte de Aragón
Raiña de Castilla Editar o valor em Wikidata
FamiliaDinastía de Avis Editar o valor em Wikidata
CónxuxeCarlos V, Sacro Emperador Romano-Xermánico (1526 (Gregoriano)–)
FillosFilipe II de España, Xoana de Habsburgo, María de Habsburgo, emperatriz do Sacro Imperio Romano-Xermánico, Infante Fernando of Austria (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisManuel I de Portugal Editar o valor em Wikidata  e María de Aragón Editar o valor em Wikidata
IrmánsBeatriz de Portugal, Duquesa de Saboia (pt) Traducir, Maria de Portugal, Duquesa de Viseu (pt) Traducir, Fernando de Portugal, Duque da Guarda (pt) Traducir, Xoán III de Portugal, Henrique I de Portugal, Duarte de Portugal, 4.º Duque de Guimarães (pt) Traducir, Luís de Portugal, Duque de Beja (pt) Traducir, Miguel da Paz e Afonso de Portugal (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParentesFernando II de Aragón (avó materno)
Isabel I de Castela (avoa materna) Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Aviz-15 Find a Grave: 22911073 Editar o valor em Wikidata

Era irmá de Xoán III e do Cardeal-Rei Henrique. Intelixente e culta, creada no esplendor da máis rica corte europea do seu tempo, en Lisboa, na educación da emperatriz participaron tamén, por influencia de súa nai, Beatriz Galindo, la Latina e o humanista Luis Vives. Foi longamente rexente en nome de Carlos V, entre 1528 e 1533, primeiro, e de 1535 a 1538 novamente, mentres o marido se ausentou, en guerra.

Alén diso, tivo moita importancia en relación á educación do seu primoxénito, que viría a ser Filipe II de Habsburgo, de lingua materna portuguesa, creado e educado polas damas portuguesa de súa nai durante a infancia.

Casamento editar

O casamento fora negociado polo seu pai, D. Manuel I, que morrendo antes de finalizalo, deixouno recomendado en testamento ao seu sucesor no codicilo do 11 de decembro de 1521. Así, o 6 de outubro de 1525 era asinado en Torres Novas o contrato. A noiva levou por dote a exorbitante contía de 900 mil cruzados portugueses, ou dobras castelás. Carlos V, o seu noivo e seu curmán directo, era entón aínda só Carlos I, rei das Coroas de Aragón e Castela, duque da Borgoña e varios outros feudos: só catro anos despois será electo emperador do Sacro Imperio, tornándose xerarquicamente o máis alto soberano da Cristiandade, con xurisdición sobre a Alemaña e varios reinos e señoríos da Península Ibérica, Italia, Francia e Flandres, estendendo ao mundo a súa influencia política e o poder das súas armas; porén, como todos os soberanos do Renacemento, foi varias veces grazas a recorrer a grandes familias de banqueiros, como os Fugger, non só para financiar o seu acceso á coroa imperial, como tamén os seus proxectos político-militares. Por iso mesmo Carlos prometera, anteriormente, a Henrique VIII casar con súa filla, María, de quen igualmente era curmán directo, en 1522 (cando esta tiña só seis anos) - mais preferiu aceptar a consorte portuguesa, cuxa alianza e cuxo dote inmediato eran moito máis significativos na Europa do tempo, e lle traían a liquidez necesaria para a compra do trono imperial.

Así, a princesa casou en Almeirim, o 1 de novembro de 1525, co seu curmán Carlos, representado polo embaixador Carlos Popeto; e partiu en xaneiro de 1526 rumbo a Elvas con grande e rica comitiva. Cegado coa súa beleza, Carlos V deulle ao casar por nova divisa as tres grazas, tendo a primeira delas a rosa, símbolo da fermosura; a segunda o ramo de murta, símbolo do amor; e a terceira, a coroa de carballo, símbolo da fecundidade.

A morte e a lenda editar

Tendo a emperatriz falecido en Toledo, e estando nesa época o soberano en Granada, encargou este o futuro S. Francisco de Borja, un dos moitos apaixonados platónicos da bela emperatriz, da conducir até si a fin da sepultar. Chegados alí, ao abriren cerimoniosamente o caixón de D. Sabela, a fin de verificaren a identidade do rexio cadáver, a súa descomposición ía xa avanzada, destruíndo a fermosura da máis bela muller daquel tempo, segundo rezaban os literatos de entón. Segundo a lenda, perante a fedorenta visión do seu cadáver descomposto o aínda Duque de Gandia, casado coa portuguesa D. Leonor de Castro, unha das súas damas, e que tanto e tan longamente amara a emperatriz á distancia, xurou nunca máis servir a señor humano algún, virándose unicamente para o servizo divino; e ao enviuvar de D. Leonor, algúns anos despois, optará pola vida relixiosa ingresando na Compañía de Xesús. O novo padre Francisco de Borja foi o terceiro Xeral da Compañía, sendo despois canonizado como San Francisco de Borja. Porén, sabemos agora que a famosa frase despois atribuída ao duque, e que deu nome ao célebre poema de Sophia de Mello Breyner titulado "Meditación do Duque de Gandia na morte de Sabela de Portugal", sobre a súa alegada decisión de nunca máis servir a señor mortal algún, foi si pronunciada por San Xoán de Ávila na oración fúnebre da emperatriz que proferiu durante as súas exequias. É aínda no entanto posíbel que S. Xoán de Ávila utilizase nas exequias imperiais a frase do humilde S. Francisco de Borja ao ser obrigado a contemplar descomposta a muller que amara, e que a tradición oral o soubese, ao atribuír a autoría desta a el e non a S. Xoán de Ávila.

Notas editar

  1. "Isabel (D.).". Portugal - Dicionário Histórico, Corográfico, Heráldico, Biográfico, Bibliográfico, Numismático e Artístico (en portugués). 2011. p. 1007. Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2019. Consultado o 26 de xullo do 2016. 

Véxase tamén editar