María de Aragón (1482-1517)

Raíña de Portugal

María de Aragón, nada en Córdoba o 29 de xuño de 1482 e finada en Lisboa o 7 de marzo de 1517, foi raíña de Portugal.

Modelo:BiografíaMaría de Aragón

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(ca) Maria d'Aragó i de Castella Editar o valor en Wikidata
29 de xuño de 1482 Editar o valor en Wikidata
Córdoba, España Editar o valor en Wikidata
Morte7 de marzo de 1517 Editar o valor en Wikidata (34 anos)
Lisboa, Portugal Editar o valor en Wikidata
Causa da mortetrastorno puerperal Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaMosteiro dos Xerónimos Editar o valor en Wikidata
Raíña de Portugal
1500 – 1517
← Isabel de Aragão e Castela, Rainha de Portugal (pt) TraducirCatarina de Austria → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónaristócrata Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloInfanta of Castile (en) Traducir
Infanta of Aragón (en) Traducir
Raíña de Portugal Editar o valor en Wikidata
FamiliaCasa de Trastámara Editar o valor en Wikidata
CónxuxeManuel I de Portugal (1500 (Gregoriano)–) Editar o valor en Wikidata
FillosXoán III de Portugal, Sabela de Portugal, emperatriz do Sacro Imperio Romano-Xermánico, Beatriz de Portugal, Duquesa de Saboia, Luís de Portugal, Duque de Beja, Fernando de Portugal, Duque da Guarda, Afonso de Portugal, Maria of Portugal, Henrique I de Portugal, Duarte de Portugal, 4.º Duque de Guimarães Editar o valor en Wikidata
PaisFernando II de Aragón Editar o valor en Wikidata  e Isabel I de Castela Editar o valor en Wikidata
IrmánsIsabel de Aragão e Castela, Rainha de Portugal
Catarina de Aragón
Xoana I de Castela
Afonso de Aragón
João, príncipe das Astúrias
Alonso de Estrada
John of Aragon, Prince of Girona Editar o valor en Wikidata

BNE: XX5375079 WikiTree: Aragón-425 Find a Grave: 58460376 Editar o valor en Wikidata

Cuarta filla dos Reis Católicos, Isabel I de Castela e Fernando II de Aragón, foi raíña de Portugal como segunda esposa de Manuel I, falecido en 1521.[1]

Traxectoria

editar

María naceu en Córdoba, pertencente entón ao reino de Castela. A súa nai, Isabel, estaba embarazada de xemelgos. A primeira en nacer foi María. O segundo, varón, naceu morto.[2]

Nese mesmo ano, Boabdil arrebatou o trono ao seu pai Muley Hacén, converténdose no último rei nazarí de Granada.

María casou con dezaoito anos, o 30 de outubro de 1500, co rei Manuel I de Portugal, viúvo da súa irmá máis vella Isabel de Aragón desde 1498, continuando así coa política de sucesivas vodas entre as familias reais portuguesa e castelá-aragonesas, no intento de unir os reinos ibéricos que, nesa época, comprendían baixo unha coroa Portugal, Aragón e Castela.[1] Así, despois da morte de María, o rei Manuel I casaría con Leonor de Austria, filla de Xoana I de Castela e Filipe o Fermoso, e sobriña, por tanto, de María de Aragón. Porén, a política de alianzas matrimoniais entre España e Portugal non quedaría aí, xa que o futuro rei de Portugal, Xoán III, fillo de María de Aragón e Manuel I de Portugal, casaría con Catarina de Austria, filla máis nova de Xoana I de Castela e irmá de Carlos V, que estivo recluída durante toda a súa infancia en Tordesillas canda a súa nai.

Ademais doutros privilexios e doazóns, o rei concedeulle como dote as vilas de Viseu e Torres Vedras. María foi unha fervorosa partidaria do proxecto imperial manuelino de destruír as cidades santas islamitas de A Meca e Medina, anexionar o Imperio mameluco e conquistar os lugares santos da cristiandade, especialmente Xerusalén. En 1508 conseguiu do seu marido que pedira perdón polas intervencións destrutivas e violentas do pogromo contra os xudeus de 1506.

Morte e sepultura

editar

María morreu o 7 de marzo de 1517 en Lisboa a consecuencia do seu último parto, do que naceu un neno chamado Antonio en 1516, que viviu poucos días. A súa vida xa estaba en perigo cando estaba embarazada deste último, debido a seus numerosos partos.

Foi enterrada no Mosteiro dos Xerónimos de Belém, en Lisboa.

Descendencia

editar

Do seu matrimonio con Manuel I de Portugal naceron dez fillos:

Antepasados de María de Aragón

editar
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
16. Xoán I de Castela
 
 
 
 
 
 
 
8. Fernando I de Aragón
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
17. Leonor de Aragón
 
 
 
 
 
 
 
4. Xoán II de Aragón
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
18. Sancho de Castela
 
 
 
 
 
 
 
9. Leonor de Alburquerque
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
19. Beatriz de Portugal
 
 
 
 
 
 
 
2. Fernando II de Aragón
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
20. Afonso Enríquez
 
 
 
 
 
 
 
10. Fadrique Enríquez
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
21. Xoana de Mendoza
 
 
 
 
 
 
 
5. Xoana Enríquez
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
22. Diego Fernández de Córdoba
 
 
 
 
 
 
 
11. Mariña Fernández de Córdoba
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
23. Inés de Ayala
 
 
 
 
 
 
 
1. María de Aragón
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
24. Xoán I de Castela
 
 
 
 
 
 
 
12. Henrique III de Castela
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
25. Leonor de Aragón
 
 
 
 
 
 
 
6. Xoán II de Castela
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
26. Xoán de Gante
 
 
 
 
 
 
 
13. Catarina de Lancaster
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
27. Constanza de Castela
 
 
 
 
 
 
 
3. Isabel I de Castela
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
28. Xoán I de Portugal
 
 
 
 
 
 
 
14. Xoán de Portugal
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
29. Filipa de Lancaster
 
 
 
 
 
 
 
7. Isabel de Portugal
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
30. Afonso I de Braganza
 
 
 
 
 
 
 
15. Isabel de Barcelos
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
31. Beatriz Pereira de Alvim
 
 
 
 
 
 
Predecesor:
Isabel de Aragón
Raíña consorte de Portugal
1500 - 1517
Sucesor:
Leonor de Austria
  1. 1,0 1,1 "Maria (D.).". Portugal - Dicionário Histórico, Corográfico, Heráldico, Biográfico, Bibliográfico, Numismático e Artístico (en portugués). pp. 823–824. Arquivado dende o orixinal o 26 de novembro de 2018. Consultado o 19 de setembro de 2017. 
  2. Liss, Peggy K. (1998). Isabel la Católica: su vida y su tiempo. Nerea. p. 192. ISBN 84-89569-27-4. Consultado o 19 de setembro de 2017. 
  3. Serrão, Joaquim Veríssimo (ed.). "António, Dom, Prior do Crato (1531-1595)". Volume I (A-D): páxina 157. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Guimarães Sá, Isabel dos, e Michel Combet (2012): Rainhas consortes de D. Manuel I: Isabel de Castela, Maria de Castela, Leonor de Áustria. Lisboa: Circulo de Leitores. Serie: Rainhas de Portugal, nº 9. ISBN 978-97-2424-710-6.
  • Queralt del Hierro, María Pilar (2011): Las damas del rey. Barcelona: Roca Editorial. Serie: Histórica. ISBN 978-84-9918-282-7. Novela sobre as mulleres que rodearon a vida e o reinado dos Reis Católicos, as súas fillas e algunhas otras mulleres destacadas, como Margarita de Austria ou Leonor de Habsburgo.
  • Viera, David John (1994): A rare sixteenth century biography of Maria of Portugal: (1482-1517). Roma: Archivum Franciscanum Historicum.

Outros artigos

editar